Nunha carta dirixida a Concellería de Educación a Anpa do Conservatorio pon en valor a importancia do mesmo na formación de fillas e fillos.
Dirixímonos a vostede en nome da Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA) do Conservatorio do Carballiño , en relación coas súas recentes declaración sobre a confección das tarifas de matriculas, sobre a situación financeira do Conservatorio e a súa intención de realizar un estudo económico para avaliar a sustentabilidade do servizo educativo cultural.
Comprendemos a súa preocupación pola situación económica do Concello e a necesidade de priorizar os investimentos. Non obstante, cremos que o seu enfoque sobre o Conservatorio non reflicte o valor fundamental que aporta á nosa comunidade e aos nosas fillas e fillos .
O Conservatorio Municipal é moito máis que un simple desembolso económico, é un investimento no futuro cultural e social da nosa vila. A música e as artes son esenciais para o desenvolvemento integral dos nenos e mozos, fomentando a creatividade, a disciplina, o traballo en equipo e a sensibilidade. Ademais, o Conservatorio Municipal é un viveiro de talento musical que enriquece a nosa vida cultural e proxecta a imaxe da nosa vila.
Os nosos fillos beneficianse enormemente da formación musical que reciben no Conservatorio. Vemos como a música os transforma, os fai máis seguros, más responsables e más felices. Non podemos permitir que a falta de recursos poña en perigo esta oportunidade.
É certo que a área de educación do concello ten outras necesidades, pero non podemos sacrificar a formación musical dos nosos fillos. O Conservatorio Municipal chegou ao seu límite e necesita urxentemente melloras nas condicións laborais dos profesores, a contratación de especialistas en linguaxe musical e composición, e a incorporación de profesores de instrumentos non existentes no cadro docente. Estes profesionais son fundamentais para garantir unha educación musical de calidade, motivar aos alumnos e ampliar a oferta educativa.
Ademais dos argumentos económicos e culturais, é importante destacar que o Conservatorio Municipal ten un alto potencial para impulsar o desenvolvemento social e cultural da nosa vila. Existe una gran demanda de alumnos que non poden matricularse por falta de prazas, o que demostra a necesidade de ampliar a oferta educativa. Ao investir no Conservatorio, estariamos dando resposta a esta demanda e brindando oportunidades a mozas e mozos talentosos. Así mesmo, o Conservatorio pode ser a canteira de futuros músicos para a nosa banda municipal, asegurando a súa renovación e fortalecendo así a nosa identidade cultural .
Preocúpanos que o seu enfoque se centre principalmente nunha análise de custos. Aínda que é importante xestionar os recursos de maneira eficiente, non podemos reducir a cultura e a educación a una simple ecuación económica. O Conservatorio Municipal é moito máis que un desembolso, é un investimento no futuro dos nosos fillos, na creación
dunha sociedade más culta e sensible, e no fortalecemento da nosa identidade como comunidade.
Aínda que un estudo económico é importante, non debe ser o único factor determinante para avaliar a sustentabilidade do Conservatorio Municipal. É fundamental considerar tamén os beneficios sociais, culturais e educativos que aporta á nosa comunidade. Instámoslle a que, ademais do estudo económico, se realice unha análise integral que considere os múltiples beneficios que aporta o Conservatorio Municipal. Esta análise debe incluír aspectos como o impacto no desenvolvemento dos alumnos, a contribución á vida cultural da vila, o potencial para xerar talento musical, a importancia para a reactivación da banda municipal e a necesidade de ampliar a oferta de instrumentos.
Así mesmo, é crucial que se contemple a necesidade de manter unhas tarifas xustas e asequibles para todos os alumnos, sen ningún tipo de discriminación. O acceso á educación musical non debe ser un privilexio, senón un dereito ao que todos as nenas e nenos poidan optar, independentemente da súa situación económica ou social.
É fundamental que poñamos en valor o Conservatorio Municipal e que volva ser un orgullo para a nosa vila, inculcando un sentimento de pertenza a todos os veciños. O Conservatorio é un espazo de encontro e de convivencia, onde se fomenta a creatividade, a participación e o desenvolvemento persoal e colectivo. Ademais, ao longo dos anos, o noso Conservatorio ten sido a canteira de grandes profesionais e músicos que levan o nome da nosa vila con orgullo. É importante seguir apoiando este labor para que o Conservatorio continúe formando a futuras xeracións de artistas e contribuíndo ao enriquecemento cultural da nosa vila e comarca.
Para garantir a sustentabilidade financeira do Conservatorio, é necesario explorar outras vías de financiamento ademais dos fondos municipais. Instamos ao Concello a buscar activamente a colaboración da Deputación e da Consellería de Educación, lembrando que esta última financia centros educativos noutras localidades, nalgúns casos en condicións máis favorables que o noso Conservatorio. É preciso xestionar estas posibles fontes de financiamento con dilixencia e defender os intereses do noso Conservatorio para que poida seguir ofrecendo un servizo educativo de calidade a todos os nosos veciños.
Instámoslle a reconsiderar a súa postura e a apostar polo Conservatorio Municipal como un piar fundamental da nosa política cultural. Estamos á súa disposición para dialogar e buscar solucións conxuntas que permitan garantir a sustentabilidade e a calidade deste servizo educativo cultural.