O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro vén de participar por segunda vez consecutiva na feira internacional de viños ‘Barcelona Wine Week’, que este ano chegou á súa quinta edición do 3 ao 5 deste mes de febreiro no recinto Montjuïc de Fira Barcelona. Os visitantes profesionais do sector vitivinícola que acudiron a este evento puideron mergullarse na D.O. Ribeiro ao traverso dun túnel de cata con 27 referencias de viño, 23 brancos e catro tintos, e os stands presenciais de seis adegas baixo o paraugas da Denominación, así como unha decea máis distribuídos nos dous pavillóns destinados ao desenvolvemento da feira.
Deste xeito, a D.O. Ribeiro continúa fidelizando o ámbeto internacional grazas á participación nesta feira, que, “nas súas cinco edicións estáse a converter nunha das tres feiras do viño máis senlleiras de Europa”, según a organización. A presidenta do Consello Regulador, Concha Iglesias, apunta que “repetimos a nosa participación neste evento porque cremos vai camiño de ser un referente vitivinícola tanto a nivel nacional coma internacional”.
Os asistentes tiveron a oportunidade de probar preto de 100 viños da D.O. Ribeiro de diferentes colleitas, de 2020 a 2024, entre o túnel e as múltiples adegas representadas con stand propio, “poidendo percibir neles a elegancia e sutileza dos viños das nosas variedades autóctonas, como treixadura, albariño, godello o loureira en brancos, e caíño longo, sousón, brancellao ou ferrón nos tintos”, comentou Concha Iglesias.
Profesionais do sector, entre eles importadores, sumilleres, distribuídores, catadores, vinotecas, restaurantes, medios de comunicación, influencers e incluso algún Master of Wine, de países como Suecia, Alemaña, Bélxica, Reino Unido, Noruega, Suiza, Países Baixos, EE.UU., Canadá, México, Porto Rico, entre outros, “achegáronse ao stand da D.O. Ribeiro para probar e deixarse mergullar nos matices destes viños, procedentes de viñedos trabllados manualmente por viticultores e elaborados con esmero polas adegas desta Denominación”, concluí a presidenta do Consello Regulador.