Manuel Pardo pon en valor o plan pioneiro de cribado de cancro de mama da Xunta

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O delegado territorial participou no acto ‘Maiores S.XXI – O Cancro da mama na muller maior’, organizado pola Asociación Mirada Maiores +60, no Liceo de Ourense

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

  • O delegado territorial transmitiulle á súa presidenta, Mª Antonia Rilo, que a Xunta segue comprometida coa mellora dos servizos de prevención, diagnóstico e tratamento do cancro de mama
  • Manuel Pardo lembrou que a Consellería de Sanidade vén de poñer en marcha un proxecto de investigación sobre un plan pioneiro de cribado de cancro de mama baseado na personalización do risco, no que participarán 4.000 galegas que comezarán a seren convocadas a partir deste mes de febreiro
  • Este innovador modelo, denominado Mamorisk, funciona como unha calculadora que integra factores non xenéticos, como peso, altura e estilos de vida; factores xenéticos, analizando máis de 300 xenes relacionados co cancro; e factores mamográficos
  • Manuel Pardo subliñou que ademais do factor científico-médico, existe  outro que é fundamental, o emocional, xa que o impacto psicolóxico desta enfermidade é profundo e, por iso, é fundamental que a atención non se limite aos aspectos físicos

Ourense, 04 de febreiro de 2025.- O  delegado territorial da Xunta, Manuel Pardo, participou esta mañá no Liceo da cidade de Ourense na charla ‘Maiores S.XXI – O Cancro da mama na muller maior’, organizado pola Asociación Mirada Maiores +60, na que se puxo en valor a fortaleza e determinación coa que se enfronta este colectivo de mulleres a un diagnóstico desta  enfermidade.

No acto, o delegado territorial destacou que esta entidade, ten como obxectivo acadar o benestar das persoas maiores de 60 anos e visibilizar a realidade do colectivo ao que representan, defender os seus intereses e combater determinados estigmas sociais; e transmitiulle á súa presidenta, Mª Antonia Rilo, que a Xunta segue comprometida coa mellora dos servizos de prevención, diagnóstico e tratamento do cancro de mama, xa que a investigación é clave para erradicar esta enfermidade, e por iso, a aposta por proxectos científicos que poidan ofrecer novas opcións de tratamento é firme.

Investigación no cribado de cancro de mama

Manuel Pardo lembrou que a Consellería de Sanidade vén de poñer en marcha un proxecto de investigación sobre un plan pioneiro de cribado de cancro de mama baseado na personalización do risco, no que participarán 4.000 galegas que comezarán a seren convocadas a partir deste mes de febreiro.

O representante do Goberno galego explicou que a novidade desta iniciativa, na que  Galicia é pioneira,  é pasar dun cribado por un criterio unicamente de idade e no que a proba que se realiza é unha mamografía, á posibilidade de deseñar un novo modelo de cribado multifactorial no que se sumen unha mostra xenética e outros factores de hábitos de vida que indiquen un nivel de risco individual para cada muller.

Este innovador modelo, denominado Mamorisk, funciona como unha calculadora que integra factores non xenéticos, como peso, altura e estilos de vida; factores xenéticos, analizando máis de 300 xenes relacionados co cancro; e factores mamográficos. Ao introducir estes datos obtense unha porcentaxe de risco personalizado para cada muller, clasificándoas en niveis de risco alto, intermedio ou baixo.

Manuel Pardo subliñou que ademais do factor científico-médico, existe outro que é fundamental, o emocional, xa que o impacto psicolóxico desta enfermidade é profundo e, por iso, é fundamental que a atención non se limite aos aspectos físicos. Deste xeito, a Xunta está a impulsar nos últimos anos máis programas e servizos que responden ás novas necesidades das persoas maiores. Este é o caso das accións de voluntariado interxeracional, das aulas sénior e dos convenios de colaboración coas tres universidades públicas galegas ou das iniciativas de ocio activo para o desfrute do tempo libre como a proposta Benestar en balnearios.