O Concello do Irixo organiza un pasarrúas de comparsas para o sábado de Entroido

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Concello de O Irixo vén de convocar un pasarrúas para a festa de Entroido que se celebrará o sábado 1 de Marzo de 2025 ás 17,00 horas, con saída dende enfronte a residencia de maiores Pena da Sela ata o polideportivo municipal. Por tal motivo, fixo públicas as bases que regularán a participación e premios a outorgar. O obxectivo e finalidade do Concurso de Entroido é o fomento e participación cidadá na celebración e organización do mesmo, así como potenciar a actividade lúdica.

Deste xeito, nestas bases, o Concello establece a modalidade de participación e compensación económica para as comparsas. Así, os grupos de entre 10 e 25 integrantes recibirán 100 euros; os de 26 a 50 levarán 200 euros, e, finalmente, as comparsas de máis de 50 membros terán 300 euros de asignación.

A inscrición de participantes farase nas oficinas municipais, en impreso normalizado (achegado nas bases), dende o día 4 ata o día 24 de febreiro, en horario de 9,00 a 14,00 horas, aínda que tamén se poderá presentar a través da sede electrónica do Concello de O Irixo, a través de formulario de instancia xeral, e adxuntando o impreso de solicitude á instancia. A inscrición pecharase ao alcanzar un total de 12 comparsas ou ata esgotar o límite máximo orzamentario.

A organización terá potestade para eliminar do concurso ou do pasarrúas a calquera participante que vulnere o espírito do entroido ou que atente contra calquera dos dereitos humanos universalmente recoñecidos, tamén estará prohibido desfilar con animais de todo tipo e utilizar material pirotécnico, bengalas, petardos, etc. así como todos aqueles elementos que poidan ser considerados perigosos para o desenrolo desta actividade tanto para participantes como para espectadores.

Na procura da orixinalidade e diversidade, no caso de que a organización detecte que o traxe co que se desfila, xa foi utilizado en anos anteriores en diferentes pasarrúas de entroido, tamén terá potestade para excluír e eliminar a comparsa participante.