O I.E.S. Nº 1 de O Carballiño ven de ser recoñecido como meteoescola excelente nun evento que se celebrou no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia o 4 de Febreiro. Este recoñecemento é o resultado da valoración dun proxecto (englobado dentro do Plan Proxecta Meteoescolas) titulado “Fun polo aire, vin polo vento” no que participaron 15 profesores, dirixindo a case todo o alumnado do IES, para a realización de 20 actividades coas que se pretendía que ese alumnado se dera conta de que a meteoroloxía e o clima non son só conceptos, senón que, aparecen, participan e interactúan na evolución da humanidade. Toda unha aventura meteorolóxica a través das diferentes áreas de coñecemento.

En representación do IES foron ao evento 10 alumnos/as e dúas profesoras recollendo tres deles/as a devandita placa que acredita so noso IES como Meteoescola excelente no curso 2023-2024.
Por suposto, este curso o IES volve participar no Plan Proxecta Meteoescolas, desta volta o noso proxecto titúlase “Nunca choveu que non escampara”. Para ver tódalas actividades dos proxectos podedes ir á dirección: pequenosinfinitos314.blogspot.com.