Unha furgoneta de reparto provocou esta mañá un accidente no Carballiño, ao atropelar a un home que transitaba pola rúa Alameda. O suceso ocurría ao fío das 12,00 horas de hoxe, cando o vehículo en cuestión maniobraba marcha atrás neste céntrico vial peatonal da contorna da Praza da Alameda da vila, e impactou cun home que nese intre se atopaba ao carón da furgoneta, cecais debido a imposibilidade do conductor de percibir a súa ubicación.

Ata o lugar do accidente acudiron efectivos da Policía Local e unha ambulancia do Servizo de Urxencias 061, que trasladou ao accidentado, que non perdeu a consciencia, ata o Centro de Saúde para que o personal sanitario puidese realizar unha avaliación da gravidade das feridas e tomar as medidas necesarias para a súa mellora.
Na actualidade, a rúa Alameda, que é peatonal, está pechada ao tráfico rodado en xeral debido á realización de obras de construcción dun novo edificio de vivendas na rúa Cendón Riande, e tampouco está habilitada para operación de carga e descarga de mercadorías.