Aproveitando esta data facemos pública a nota que nos pasa a Asociación de Medios en Galego :
Como sabedes, dende o 2018, gracias á aprobación, por unanimidade, no Parlamento Galego, o 7 de febreiro celebramos o Día dos Medios en Galego. Unha data que nos serve de fío condutor para unha entidade á que, como podedes imaxinar, non lle podemos dedicar todo o tempo que nos gustaría cada un dos 35 medios que a día de hoxe formamos parte dela.
Mentres, queremos dar visibilidade a todos os que comunicamos en galego. E quedamos ilusionadísimos ao ver que cada día somos máis. Se o ano pasado xuntáramos máis de 100 medios en galego, este ano xa atopamos arredor dos 140 (https://mediosengalego.gal/100-medios-en-galego/) e iso que nos queda pendente facer unha colleita de “Novos Espazos”, como podcasts ou canles de youtube.