Un Arenteiro descoñecido voltou con outra derrota ante o Bilbao Athletic (1-0)

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Semana negra para Club Deportivo Arenteiro, lastrado polas baixas rexistradas por traspasos e lesións no deportivo e un futuro incerto no social, tra-la asamblea celebrada o xoves, e cunhas incorporacións á plantilla que aínda lles falta compenetración. Tra-la derrota da pasada xornada ante o Amorebieta por 3-0, os verdes continuaron nesta no camiño das derrotas, esta vez por 1-0, no encontró desputado onte no estadio de Lezama co Bilbao Athletic.

Un partido que foi dominado polos ‘cachorros’ de principio a fin, con varias internadas cara o ataque e disparos á porta defendida por Adri López, que non foron resolutivos no primeiro tempo. No segundo, o Arenteiro tivo unha boa oportunidade para marcar no minuto 77, cun disparo de Enol que rebotou nun defensa e despexou con apuros o porteiro bilbaíno Mikel Santos. E xa a punto de cumprirse o tempo regulamentado de 90’, un centro de Olabarrieta foi rematado coa testa por Ibón Sánchez ao fondo da rede dos carballiñeses, para facer o primeiro e definitivo gol da vitoria (1-0).

Ao remate do encontro, o adestrador do Arenteiro, Raúl Jardiel, comentou que “non estivemos cómodos, e o partido demandounos un ritmo que non fomos capaces de darlle continuidade”. O equipo verde mantense no 6º posto da táboa clasificatoria con 32 puntos, e a seguinte cita terá lugar este vindeiro sábado, 15 de febreiro, no campo municipal de Espiñedo e dende as 17,00 horas, fronte ao Tarazona. O conxunto zaragozano ocupa a duodécima praza na clasificación, con 30 puntos, e vén de perder na súa casa co Real Sociedad B por un gol a cero.