A alcaldesa e a edil socialista do Irixo que apoiaron a moción de censura no poderán cobrar pola adicación ao Concello

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A actual alcaldesa do Irixo, Rosa María Dalama, e a concelleira María Dolores Fariñas, deberán abandoar o grupo municipal do PSOE e pasar a ser ‘non adscritas’, según a solicitude oficial formulada polo secretario de Organización desta formación política, Santos Cerdán, ao propio Concello. Esta petición do alto cargo do Partido Socialista Obreiro Español está xustificada en base aos seus estatutos e polo apoio amosado por ambas concelleiras á moción de censura que foi debatida e aprobada o pasado 13 de xaneiro pola Corporación do Irixo e que sacou da alcaldía a Susana Iglesias, de Xuntos polo Irixo.

A dirección federal do PSOE lembra que as dúas concelleiras, se ben concurriron como independentes na candidatura socialista do Irixo, “están suxeitas ás mesmas normas cá os/as militantes ou afiliados/as directos/as do PSOE, ao abeiro do disposto no artigo 233.1 do Regulamento Federal de Desenvolvemento dos Estatutos Federais” do partido. No escrito remitido por Santos Cerdán ao Concello do Irixo lémbrase que Dalama e Fariñas suscribiron en decembro pasado ano a moción de censura “sen autorización expresa dos órganos competentes do PSOE”, que elas mesmas apoiaron no Pleno, “igualmente, en contra das instruccións e directrices dadas” polos devanditos órganos.

Así, o secretario de Organización do PSOE, finalmente solicita que a actual alcaldesa, Rosa María Dalama, e a edil María Dolores Fariñas “deixen de integrar o grupo municipal socialista, pasando a ostentar a condición de concelleiras non adscritas”, e tamén pide a disolución do devandito grupo. Asemade, Santos Cerdán considera que debe aplicarse unha sentencia do Tribunal Supremo que establece que o pase á condición de concelleiro ‘non adscrito’ como consecuencia o por razón dun suposto transfuguismo “impide que se asuman cargos ou que se perciban retribucións que antes non exercía o percibía e impliquen melloras personais, políticas ou económicas”, quedando excluida desta limitación a incorporación ás comisions informativas.

Precisamente, mañá, día 12 de febreiro, reunirase a Corporación Municipal do Irixo para aprobar a estructura orgánica do Concello en canto a distribución de cargos e delegacións no novo equipo de goberno (integrado por Dalama, Fariñas e catro concelleiros do Partido Popular) e, no seu caso, dar o visto bó as retribucións que lles sexan asignadas.