O Concello de Piñor porá en marcha o programa de actividades infantís “Piñor Concilia Diverentroido 2025”, unha alternativa para a conciliación da vida familiar e laboral que consiste en actividades diarias para cativos de 3 a 12 anos de idade. Levaranse a cabo o luns 3 e o mércores 5 de marzo (o martes 4 non habería actividade por ser unha festividade local), en horario de 9,00 a 14,00 horas no Centro Cultural de Arenteiro. As nenas e nenos participantes poderán desfrutar de xogos variados e manualidades e fíxase o período de inscrición, dende hoxe, día 11, ata ó 21 de febreiro.
No departamento municipal de Servizos Sociais ofrécese máis información e a documentación para formalizar a inscrición, que seguirá as bases que foron publicadas por resolución de alcaldía, e que poden consultarse na sede electrónica e no taboleiro de anuncios do propio concello. En canto á documentación para solicitar as prazas nesta actividade, pode levarse a cabo presencialmente ou pola sede electrónica do Concello de Piñor.