A Deputación ratifica o compromiso coa D.O. Ribeiro e a colaboración co sector vitivinícola como un “área estratéxica” para a provincia

Reunión Luis Menor (Presidente da Deputación Ourense) coa directiva da DO Ribeiro representada por Concha Iglesias Pousa, Carlos Basalo Vidal e Luis Vázquez Barredo, Presidenta, Vicepresidente e Xerente, respectivamente.
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, recibiu esta mañá na Deputación á presidenta do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, Concepción Iglesias Pousa, acompañada polo vicepresidente e secretario do organismo, Carlos Basalo e Luis Manuel Vázquez, respectivamente. Luis Menor puxo en valor o proxecto de dixitalización do rexistro vitivinícola na D.O Ribeiro, unha iniciativa que recibiu a axuda da Deputación e que resulta “estratéxica para o desenvolvemento da actividade nesta histórica zona”, dixo o presidente. Grazas a esta colaboración, o Consello Regulador pode obter información actualizada das máis de 7.000 parcelas que conforman a denominación de orixe.

Por outra banda, tratáronse accións de promoción realizadas ata agora en cooperación coa Deputación e que obtiveron, en palabras de Menor, “extraordinario éxito”. A Deputación non só aposta por esta denominación de orixe, senón polo resto das existentes na provincia, tendo en conta que o sector do viño é, dixo Menor, “un área estratéxica” para o noso territorio. O presidente provincial ratificou así o compromiso de cooperación ininterrompida da Deputación coas denominacións de orixe vinícolas da provincia.

Neste sentido, a institución ourensá colabora con asiduidade en axudas para a promoción dos viños, especialmente en mercados internacionais, e noutras actividades de difusión e de organización dos viños de Ribeiro, Monterrei, Valdeorras e Ribeira Sacra. No actual mandato, a Deputación colaborou con axudas por valor de máis de 200.000 euros na promoción do sector do viño na provincia.