Un fermoso percorrido musical pola provincia de Ourense.
Ourense, 11 de febreiro de 2025
O grupo Coanhadeira nace en Ourense no ano 2006 coa intención de recuperar e amosar as fermosas melodías que atopamos na tradición oral da cultura galega. Grazas á beleza e calidade das melodías tradicionais, e aos directos de Coanhadeira cargados de forza, a formación acadou premios e actuou sobre moitos dos principais escenarios galegos e do resto de Europa. Estivemos no Festival de Pardiñas; no da Carballeira de Zas; no Escenario Runas do Festival Intercéltico de Ortigueira; nas Nosas Músicas, de Couso ou no festival da Rebusca. Fóra de Galicia actuamos no Sauga Folk, de Colindres, Cantabria; na Trobada de Buners, Andorra ou no Festival Interceltique de L”Orient en Francia, entre outros moitos eventos e lugares nestes 19 anos de historia.
“7273”
7.273 son os quilómetros cadrados que ten de superficie a provincia de Ourense, da que se nutre Coanhadeira e este álbum “7273”. Tamén as nosas vidas, as nosas tradicións, os xeitos e as maneiras de facer… a sinxeleza da paz do interior. Dende as chairas limiás ata os cumios do Macizo Central Ourensán… iso é “7273”.
Aspiramos, con este “7273” facer as nosas propias paradas nalgúns dos espazos ourensáns que nos inspiraron. Seguiremos atopando fermosas historias, marabillosas persoas e lugares, sons ou bailes, e o que vaia saindo. Diso vai o noso “7273”: de disfrutar da pedra, da auga, da montaña, do todo o que nos inspira, a nós e a vós. Con “7273” convidámos a coñecer máis o noso interior; pouco a pouco, pinguiña a pinguiña.
Coanhadeiras son: Vadim Yukhnevich: acordeón; Marcos Pérez, Kinhos: batería e percusións; Patricia López: voz e percusións; Oscar Freire: saxo sorprano e tenor; Rafa Morales: baixo; Jesús Pérez, Chechu: gaitas e zanfona.
O concerto presentación de “7273” será no Salón Nobre do Liceo Recreo Ourensán o sábado 15 de febreiro, a partir das 19:00 horas, con entrada xeral a 10 euros. A entrada para socios do Liceo, e nenos menores de 10 anos, terá un custo reducido de 5 euros.
Enlaces a dous temas lanzados o pasado verán:
https://ffm.to/coanhadeira-xirazga
https://ffm.to/coanhadeira-ganceiros
Redes e enlaces: https://linktr.ee/coanhadeira