O Arenteiro ficha a Yac Diori e buscará mañá no Espiñedo unha vitoria ante o Tarazona

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Club Deportivo Arenteiro afronta mañá o reto de conseguir no campo de Espiñedo unha vitoria tan necesaria coma un bálsamo para curarse das feridas das dúas últimas derrotas nos encontros desputados co Amorebieta (3-0) e o Bilbao Athletic (1-0) fóra do Carballiño. Un equipo condicionado polas baixas rexistradas por traspasos e lesións e que vén de incorporar ás súas filas a Yac Diori, xogador que nesta tempada militou no Marbella F.C., tra-lo seu papel destacado no Alxeciras C.F., onde se consolidou coma un dos mellores centrais da Primeira Federación.

O equipo verde mantense no 6º posto da táboa clasificatoria con 32 puntos e a cita co Tarazona terá lugar mañá, sábado, 15 de febreiro, no campo municipal de Espiñedo dende as 17,00 horas. O conxunto zaragozano ocupa a duodécima praza na clasificación, con 30 puntos, despois de perder na súa casa coa Real Sociedad B por un gol a cero.