
Amañecía unha bretemosa e xélida mañá do 15 de febreiro de 1910 na cidade de Ourense, cando o diario “La Región” (Diario independiente. De intereses generales, de noticias y avisos) sacaba quente da linotipia o primeiro exemplar por 1,25 psts. ata acadar neste febreiro de 2025, nos seus 115 anos de andadura, o número: 40.898.
Esta longa presenza de máis de un século, cumprindo cos seus lectores incondicionais, deu para moito, máis alá das conxunturas sociais, económicas, políticas, culturais e tecnolóxicas, polo que a “Atenas de Galicia” e a provincia deben sentirse debedoras polo seu labor informativo, de opinión e publicidade.
Na década dos sesenta, “La Región” seguía mantendo a exclusividade en chegar ata os lugares máis afastados da provincia, nos que algunhas tabernas ou suscritores illados a recibían, xeralmente xunta co correo postal polo coche de liña cando se empezou a estender este servizo. No caso do Irixo foron Dadín, A Pedriña, As Laxas e As Campinas os puntos de recepción, ademais da estación do tren.
Unha das paradas obrigadas deses autobuses, “O Campinas”,“O Marca” ou o “Auto Industrial” -un dos xerentes fora Alfonso Pérez López da Casa Grande de Dadín- era a tenda que en Dadín-O Irixo rexentaba “Julito de Dadín” [Parafraseando a Neira Vilas: “Balbino é un rapaz da aldea pero da aldea tamén é Manolito, e non hai quen lle tusa..]. Daquela había algún “-ito” “-ita” máis…pero moito “ -iñ-o/-a/” mais, deixemos iso para os estudosos máis avezados na analise sociolingüística.

Unha vez identificado o enigmático corresponsal J. César, soubemos que a senlleira vivenda familiar, que data de 1899, contaba cos servizos propios dunha casa de reducida actividade agro-gandeira: -non por falta de propiedades rústicas e de servizos propios dunha casa tradicional- cuberto, cortes, enxido no que hoxe se bota en falta unha verdecente camelia, carreiro para saír ao exterior, pombal adaptado á solaina …) Porque é no sector servizos -”industrial”- no que o cabeza de familia concentra o seu maior esforzo na venda de produtos ao por maior (viño, sal…) e insumos múltiples propios da actividade: fariña, azucre, aceite, garavanzos, os primeiros conxelados, pensos, ferraxería e droguería que convivían coa taberna na que se reunía o máis florido da parroquia para o café, o vaso de viño ou a copa de herbas. A trastenda estaba reservada para Julio escribir e “botar a partida” ao subhastado -polo Nadal era moi tipico apostar con biscoito-galletas-, ou ao dominó, coa colaboración necesaria de Adolfo de Saavedra, Manolo de Dadín, O Peto, Gerardo, Hermesindo…creando ao seu arredor unha espesa brétema de fume que contribuía a caldear o ambiente ao pé da catalítica, e sempre baixo a xenerosa mirada e a bonhomía de don Manuel, párroco que sendo oriundo de Celanova foi enterrado na entrada da porta principal da igrexa parroquial -disque como símbolo de humildade para que puidesen os fregueses seguir pisando a súa tumba-.

Casa familiar de “Nuestro corresponsal J. César”, aínda habitada
A formación académica de Julio víase amplificada polo coro de homes rexoubantes, retranqueiros da parroquia que acudían á taberna, unhas veces por necesidade e outras por matar o tempo. Ademais, neses anos, alonxados, pero non tanto para aqueles que participamos en boa medida dos acertos e dos erros que nos tocou vivir, Dadín viña sendo como a capital real do concello, con algúns servizos cos que non contaba A Ponte: Cuartel da Garda Civil, estanco, cortaduría, outra taberna máis, funeraria, almacén de sal e cemento, parada dos coches de liña e arrieiros, a igrexa parroquial, zapatería, xastrería…Lamentablemente, para Dadín, coido que calquera tempo pasado foi mellor… Ningún servizo dos numerados se mantén na actualidade. O que podía ser un estímulo importante de novos emprendementos, como foi o caso da rehabilitación da Casa Grande en hotel Rural, este permanece clausurado, cando nesa década dos sesenta acolleu ata cinco familias da Benemérita, ademais das oficinas, e a familia de don Hermesindo e dona Elvira. A miña lembranza persoal de “Julito” vén de cando na compaña do meu avó iamos desde Casares do Campo repoñer existencias de viño -morapio- levando o pipote de un moio no carro cos ladrás e coa xugada. Tamén de cando empecei a ir á escola a Dadín, despois de ter deprendido as primeiras letras co seu curmán, Florentino Pérez Lorenzo en Casares. En Dadín, con dona Hermesinda, despois da saída da escola cara Saavedra ou Casares era parada obrigada onda “Julito”, quen, amablemente, fiaba e apuntaba as lambetadas propias da adolescencia

En Dadín, incluída na reportaxe do día 05-12-1963. A vaca sería de Samuel, un veciño de preto da escola, para quen a rapazada lle resultaba algo incómoda.

con caligrafía de médico-escribán naquela libreta rectangular de cartoné. Foron -para min- mañás de xeadas, medos no corpo cando nos días de sol dilataban os raís de ferro e estouraban como petardos, curvas misteriosas que ás veces levaban a un por carreiros sinuosos para ter unha mellor visión do horizonte… e atinarlle cun croio da vía a algún dos centos de coellos que a aquela hora da mañá saían ao sol dos tocos no terraplén para peniscar nas poucas herbas verdes da invernía. Entre os gardas, uns máis cercanos, outros non tanto. Esa é outra historia; agora volvamos a “J. César”.


O Irixo en La Región “De nuestro corresponsal J. César”

“De nuestro corresponsal J. César)
O texto publicado o cinco de decembro de 1963 polo xornalista L. Padrón e o fotógrafo Reza, na sección de”El reportaje de hoy”, adicado a este concello, entendo que foi o impulso definitivo para que Julio se animase a colaborar co xornal, a raíz do intercambio de opinións co reporteiro en Dadín a onde corresponden dúas das fotografías e as referencias a un grupo de persoas que lle transmitiron a aquel algunhas das queixas, despois de escoitar o alcalde que ten que ausentarse. Digo isto porque ambas as dúas “tiras” se fan eco do malestar que uns dias antes se recollera no xornal. Por un lado, con “Regresan los emigrantes” e, por outro, en “La situación actual” na que manifesta a satisfacción por ter recibido a comunicación “por la que se autoriza el traslado de ganado de cerda a Carballiño”. Pois ben, nesa columna, despois de expresar a satisfacción da concesión da autorización por parte da administración a esta última petición e lamentar a situación que está a vivir o vecindario, conclúe: “ ¿Por qué no se trata de remediar tan precaria situación que aterra con vistas a un futuro no muy lejano?.
¿Por qué no se activan los medios que pudieran dar al labrador una vida holgada y sana, ya bien revalorizando sus productos o aliviándole en su fatigosa labor?.
Ello es el eco que suena por doquier en espera de solución”. (J. César).
Se estas primeiras tiras serviron de éxame de ingreso a “J. César” como corresponsal, non cabe dúbida que a dirección de La Región sabería valorar cun “sobresaliente cum laude” os seus méritos como escritor. Xa non só como redactor de novas breves, máis ou menos obxectivas, senón tamén outras dun certo nivel de complexidade, de opinión, nas que, como veremos, destacan por un notable coñecemento tanto do léxico común como o máis especializado, que se amplifica cunha requintada adxectivación que contribúe a crear unha prosa máis ampulosa, de parágrafos longos, pero sen caer no barroquismo. Nunha palabra: de certo nivel culto.
Se volvemos sobre a reportaxe-entrevista de Luis Padrón a Gisleno Otero Lois “para darnos una visión de conjunto de Irijo, su vida, sus problemas y necesidades” como alcalde, este manifesta, por un lado, un certo optimismo en canto á situación socioeconómica en aspectos como a política forestal, que logo traería algúns conflitos coas parroquias; a incorporación do servizo de inseminación artificial que, nese xusto momento está en perigo de continuar, e de maneira especial agradece a entrega do vecindario nos traballos de acceso aos lugares, así como as traídas de augas; e, por outro, mostra certa decepción en canto a angueiras que se estaban levando a cabo para a resolución do proxecto de concentración parcelaria no Campo e Cusanca. Ao mesmo tempo que expresa a súa impotencia en canto á resolución de certas eivas que, dito sexa de paso, continúan presentes na actualidade, dadas as limitacións dos orzamentos ou a incomprensión dalgunhas persoas en canto á cuestión do “amillaramento” que, como ben sabemos, quedou aprazado sine die ata o alén. A este respecto a opinión de Gisleno resulta profética e “patetíca” como estamos a ver despois de máis de sesenta anos transcorridos: “al paisano era preciso dormirlo durante unos años hasta que se encontraran con la obra realizada. Entonces, de repente, sin la duda de ahora comprenderían su exacto valor y utilidad”.
O alcalde sinala outros méritos como a estación de tren, o teléfono na “capital”, os alumeados públicos en varios lugares, 12 escolas de nova construción, a maioría delas con vivenda para os docentes, moitas fontes-lavadoiros-abrevadeiros, pontes, os accesos por pistas a todas as parroquias, a excepción de Reádigos…
Despois da ser entrevistado o alcalde, o reporteiro acudiría á taberna de Julio, onde, xunta con este platicaría cos membros da tertulia habitual, que lle reiteran: a necesidade de teléfono publico, cun prezo máis económico, pois esixen a cada abonado 8.000 pesetas pola alta; a mellora do tendido eléctrico e a petición dunha disposición gubernativa “ordenando se modifique que los cerdos solo puedan concurrir a las ferias del municipio” (O Tellado). Sobre o tema da inseminación artificial para atender as 5.000 cabezas de gando vacún, para o que se autorizaran dous postos (A Bugalleira e O Abanico), que nese momento o seu responsable abandonara o servizo, suplícanlle ao xornalista que inclúa esta petición para que se resolva por parte de quen corresponda.
Esta reportaxe sintetiza, de xeito “cordial”, a realidade socioeconómica do concello, na que, por outro lado, se observa que o que era o patrimonio arquitectónico, arqueolóxico, natural, etnográfico e cultural en xeral nin se menciona, en parte, quizais, porque a situación non era a de ruína total nalgúns deses motivos, como é a de hoxe: fornos, hórreos, muíños, rectorais, palleiros, casas, camiños, castros e mámoas arruinados. Con tantas privacións, a cultura queda marxinada, e unha vez máis temos que sumarnos ao diagnóstico do ilustre cóengo de Froufe, Emilio Duro Peña, cando en circunstancia semellante proclamou esta máxima: “SITU ADMIRABILIS. ANTIQUITATE VENERABILIS, STATU DEPLORABILIS”.

Con esta primeira entrega deixamos constancia da razón pola cal “J. César” tomou a firme decisión de colaborar co xornal “La Región”, mantendo oculta ou querendo desimular, en certa medida a súa identidade -non por soberbia- ao empregar ese “alias”, anque, en honor á verdade este non era tal, xa que, para coñecemento xeral das persoas receptoras desta crónica, aínda que el correspondese aos “Ghulio”, “Gulio”, “Julito”, o seu nome de pía era, nada máis nin nada menos: JULIO CÉSAR AUGUSTO TABOADA LORENZO. (Continuará)
Julio Dobarro Ferradás. Dadín, 15 de febreiro de 2025 (115 aniversario da publicación do primeiro número de “La Región” e a sesenta e un do 1º de “J. César”).
Xulio Dobarro Ferradás
Outros artigos de Xulio Dobarro
Xulio Dobarro: do “san Isidro” madrileño ao san Cibrao carballiñés, da man de dona E. Pardo Bazán
Xulio Dobarro: “O IRIXO-CUSANCA (San Cosme e Damián) EN FESTAS: 24 E 25 DE AGOSTO”
Xulio Dobarro: “O Irixo-O Campo: polas festas do “quince” e o san Roque”
Xulio Dobarro. “O Irixo:Corneda polo señor Santiago (25) e “Os Dolores” (28) (2024) “
Xulio Dobarro. “O Irixo: pola Santa Mariña de Loureiro, a Cidá … e Zobra (18 de xullo)”
Xulio Dobarro. “O Irixo: polo San Xoán de Froufe e a Alén senlleira”
Xulio Dobarro. “O Irixo : da terra de Cusanca sesquimilenaria ao santo Antón do Telllado-2024”
Xulio Dobarro: “O Irixo-O Campo do Camiño Nós e as estremas coas terras dezás e Dadín.
Xulio Dobarro: “O Irixo. A Ponte, a capela d´a Fatima e o Camiño Nós”
Xulio Dobarro: “Celebración da festividade de San Marcos no Concieiro-Corneda-O Irixo “
Xulio Dobarro: “O Irixo. Na estrema do Pico Seco. lembranzas e presentes “
Xulio Dobarro: “O Irixo: Parada de Labiote, Basilio Álvarez e San Bertolameu”
Xulio Dobarro:”O Irixo-Corneda : festas na honra da “Santísima Virxe das Dores” e outras devocións”
Xulio Dobarro: “O Tellado (parroquia de Cusanca, O Irixo) feira bicentenaria”
Xulio Dobarro: “A Pena da Sela, romaría única no concello do Irixo (San Pedro de Dadín)
Xulio Dobarro: “O Irixo : as pegadas dos ferrocarrís”
Xulio Dobarro: “O Irixo: celebración do san Marcos na capela do Concieiro-Corneda e outras ermidas”
Xulio Dobarro: “O Irixo: Cangues (Santo Estevo), parroquia cativa, pero senlleira “
Xulio Dobarro: ” O Irixo. Patrimonio Mineral “
Xulio Dobarro. O Irixo : Froufe: das raíces en Cebral,Toro na Alén e Cotela en Parteme
Xulio Dobarro: “O Irixo, miscelánea sobre patrimonio inmaterial”
Xulio Dobarro: ” O Irixo: Requiem por un patrimonio morredizo”
Xulio Dobarro: ” O Irixo: O ano do Bosque “
Xulio Dobarro: ” Reloxos de sol, cruceiros e inscricións varias no Irixo “
Xulio Dobarro: U-los castros do Irixo?
Xulio Dobarro: Escolma artesanal-Oficios varios III
Xulio Dobarro: Escolma artesanal II
Xulio Dobarro: Outono de vida e morte
Xulio Dobarro: Escolma artesanal
Xulio Dobarro. “O Irixo: “trabucos” e “remesas” sen retorno”
Xulio Dobarro: “O Irixo: augas, fontes e seca “
Xulio Dobarro: “O Irixo: auga e lume confrontados. tradición (culta) e popular”
Ao pé do Viñao (o Irixo) e o Arenteiro
Carmen Conde Abellán, afectos e saudades galegos (Dadín-O Irixo)
O Tellado (parroqia de Cusanca, O Irixo) Feira bicentenaria
A Pena da Sela, Romaría única no concello do Irixo (San Pedro de Dadín )
O Irixo: Corneda castrexa,señorial e dona de seu
O Irixo. maio florido, maio festivo :da Fátima ao Tellado
O Irixo: a Fraga-San Cosme de Cusanca plató de cine de…
O Irixo: ” Un vindeover/ Espectaculo Primaveral ” II
O Irixo: ” Un vindeover/ Espectaculo Primaveral ” I
O Irixo: ” Un vindeover no cadabullo ( I ) “
O Irixo, escaparate centenario da emigración
O Irixo: construcións adxectivas ou complementarias da casa vivenda e outras obras (IV)
O Irixo: Construcións do pagán ao Sagrado: Igrexa, Capela,Reitoral, Cruceiro…(III parte).
O Irixo: A casa-vivenda e a nosa contorna. Construción tradicional (II parte)
O Irixo: A terra dos mil cincocentos hórreos, muíños e fornos. Construcións Tradicionais (I)
O Irixo, unha inmensa fraga, fonte de osíxeno e depósito de dióxido de carbono
O Irixo: dous camiños de ferro “paralelos”.”crónica dunha morte anunciada”
Xulio Dobarro: “Penedo da Ucha – Crónica”
O Irixo: andaina :”Camiña pola Igualdade”. roteiro: “O Campo Grande”
Jesús González González (Saavedra-O Irixo,1917; Señorín-O Carballiño,1996).Mestre Canteiro-Escultor
O Irixo: Saavedra de Dadín Introito ” Entre Maus”
O Irixo: alcaldes en democracia (1979-2021)
O Irixo: A feira do Tellado. Unha feira
O Irixo: Ramo lírico para as doce parroquias ( II )
O Irixo: Ramo lírico para as doce parroquias ( I )
O Irixo – San Pedro de Dadín: Romaría da Pena da Sela
O Irixo: parroquia a parroquia (XII): O Regueiro
O Irixo: parroquia a parroquia (XI): Reádigos
O Irixo.Patrimonio Escolar: da primeira escola do concello, na Lama, ao grupo escolar da Ponte (II)
O Irixo.Patrimonio Escolar: da primeira escola do concello, na Lama, ao grupo escolar da Ponte (I)
O Irixo: Parroquia a Parroquia (X): Parada de Labiote
O Irixo: Parroquia a Parroquia (IX): Loureiro.
O Irixo: Parroquia a Parroquia (VIII): Froufe. Do Solleiro Subirol ao Avesío Cebral
O Irixo: Parroquia a Parroquia (VII) (A Espiñeira ): ”Na Estrema”
O Irixo: Parroquia a Parroquia (VI)(Dadín): ”Entre Vías”
O Irixo. Parroquia a Parroquia (V) : Cusanca, Terra de fronteira
O Irixo. Parroquia a Parroquia(IV): Corneda
O Irixo. Parroquia a Parroquia(III): A CIDÁ
O Irixo. Parroquia a Parroquia(ii): Cangues
O Irixo. Parroquia a Parroquia(i): O Campo
O Carballiño-O Irixo ou “Camiño Nós” “no camiño de San-Yago”: presentación e segunda etapa
Na chegada ao Irixo da primeira locomotora .ano 1958
Inauguración da liña do ferrocarril O Carballiño-O Irixo-Santiago
Sobre apelidos e topónimos no concello do Irixo
Microtoponimia ou nomes dalgúns eidos na parroquia de Dadín (O Irixo)
Proposta de normalización da toponimia das parroquias e lugares do Irixo
De Santo Estevo de Ribas de Sil con Emilio Duro Peña a María Oruña con o “Souto dos catro ventos”.
