Veciños de Melón amosan o seu malestar polas sancións que lles impón a Confederación Hidrográfica

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Os veciños da localidade de Barcia, no municipio de Melón, están a sufrir unha vaga de sancións por parte da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), centradas básicamente en infraccións pola apertura de puzos sen permiso, sendo a meirande parte deles moi antigos, e polo cerramento de parcelas na chamada ‘zona de policía’ de ríos, regatos e regueiros. Según exponen os veciños, “dáse a circunstancia de que a maioría das casas da bisbarra contan con puzos porque no pasado era o único xeito de ter subministro de auga nas vivendas”.

Asemade, destacan que os peches tamén son un aspecto moi común dende que se implantara a concentración parcelaria, “e os veciños víronse na obriga de pechar as fincas para evitar os estragos do porco bravo”. Consideran que existe unha campaña de criminalización de conductas que non merecen reproche algún por estar xa consolidadas dende hai moito tempo, e por elo entenden que moitas das infraccións están prescritas, “por ser habituais no rural galego, carecer de relevancia e por ser os presuntos responsables particulares que non realizan actividade económica ou empresarial”.

Por outra banda, apuntan que “moitos dos implicados son persoas maiores que non están familiarizadas cos procesos administrativos e non se poden defender en condicións. De feito, moitos dos afectados non recollen as cartas ou reacionan con retraso perdendo a oportunidade de formular alegacións ou presentar probas para contrarrestar as multas”. Ante o que cualifican de “persecución”, iniciada a raiz das denuncias dun veciño, os habitantes de Barcia estanse a organizar “para darlle unha resposta unitaria e firme a unha Administración que, no canto de defender intereses públicos, parece moverse por puro afán recaudatorio”.

Neste sentido, os veciños de Barcia veñen de presentar un escrito ante a CHMS, avaliado por máis de 20 sinaturas, denunciando o acoso que aseguran sufrir, e solicitando a revocación das multas impostas. Tamén están a manter reunións semanais onde poñemos en común as multas recibidas e posibles estratexias de defensa. Entre outras iniciativas, plantéxanse recurrir á Valedora do Pobo de Galicia.