A Deputación ratifica o seu apoio á Federación de Comercio de Ourense e ao sector comercial da provincia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Nun encontro de traballo coa presidenta do colectivo de comerciantes ourensáns, Beatriz Gómez, anunciouse o incremento da cooperación institucional para a promoción desta importante actividade.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente provincial, Luis Menor, reivindica o sector “estratéxico para a economía da cidade e de toda a provincia”, que no seu conxunto recibiu máis de 200.000 euros en axudas no actual mandato

Ourense, 14 de febreiro de 2025

A Deputación de Ourense reforzará a colaboración existente coa Federación de Comercio de Ourense. O presidente provincial, Luis Menor, mantivo unha reunión de traballo coa presidenta da federación, Beatriz Gómez, para reiterar o compromiso da institución ourensá cun sector, dixo o presidente, “estratéxico para a economía, non só da capital, senón de toda a provincia”.

Luis Menor anunciou á directiva da Federación de Comercio que as axudas da Deputación de Ourense ao colectivo, que representa a máis de 1.500 establecementos e 13 asociacións sectoriais, incrementarase nos próximos anos. “A colaboración da Deputación, xa tradicional, incrementarase toda vez que é moi efectiva de cara a promoción do comercio”, sinalou o presidente provincial, que puxo en valor as necesidades de “cooperación e modernización” para que o comercio de proximidade se manteña e medre en Ourense.

Durante a reunión, formuláronse accións de promoción futuras e puxéronse en valor os resultados acadados ata agora a través da colaboración entre ambos organismos.

No actual mandato, a institución ourensá axudou á promoción do conxunto do sector do comercio local da provincia con axudas por valor de máis de 200.000 euros a asociacións e outros colectivos vinculados ao comercio de proximidade.–