A hostalería de San Cristovo de Cea celebra o vindeiro sábado a súa primeira ruta gastronómica

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

 O Concello de San Cristovo de Cea xa anunciou a data de celebración da “I Ruta das Estacións”, que se levará a cabo o vindeiro sábado, 22 de febreiro, coa colaboración da hostalaría da localidade. Así, serán cinco os establecementos hostaleiros que ofrecerán nos seus locais “unha experiencia gastronómica especial”: A Casa dos Caretas, Sol y Luna, Bar Plaza, Bar Paxariño e Kanela Drink.

Con cada consumición, os clientes poderán desfrutar dun petisco vencellado co inverno a un prezo de 1,5 euros, sendo o horario fixado de 19,30 a 21,30 horas. Unha iniciativa que contribuirá a facer a San Cristovo de Cea un lugar máis atractivo na fin de semana, nas datas previas á celebración das tradicionais festas do Entroido.