A militancia do Psdeg de Ourense coñeceu as similitudes e diferenzas entre o congreso e o senado da man de César Mogo, na cámara alta, e Marga Martín, na cámara baixa

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Percorreron os espazos máis emblemáticos da Cámara Alta e a Cámara Baixa nunha viaxe organizada pola Comisión Executiva Municipal do partido e encabezada pola secretaria xeral na cidade, Natalia González

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Tamén puideron establecer as súas diferenzas e particulariedades á hora de exercer o poder lexislativo –e como se impulsa dende cada unha das cámaras–, cantos representantes resultan electos para cada unha das institucións e desterrar algúns falsos mitos e ‘fake news’

Ourense, 15 de febreiro de 2025. Militantes socialistas percorreron os espazos máis emblemáticos do Congreso e o Senado nunha viaxe organizada pola Comisión Executiva Municipal do PSdeG de Ourense e encabezada pola secretaria xeral do partido na cidade, Natalia González.

Coñecer o funcionamento do sistema parlamentario que establece a Constitución de 1978, e as similitudes e diferenzas entre a Cámara Alta e a Cámara Baixa, foron algúns dos obxectivos da visita a ámbalas dúas institucións nas que contaron coa presenza e explicacións en profundidade do senador por Lugo, Cesar Mogo, e a deputada por Ourense, Marga Martín.

Deste xeito, a militancia puido comparar que tanto unha edificación como a outra presentan espazos similares, a nivel organizativo e funcional, como poden ser as súas bibliotecas –con volúmenes orixinais de gran relevancia histórica–, o salón dos pasos perdidos –cada cámara conta con un–, os respectivos hemiciclos ou mesmo as ampliacións que se foron realizando co paso do tempo para dar cabida a toda a actividade lexislativa, de control e de debate que se leva a cabo dende o Congreso e o Senado.

Mais tamén puideron establecer as súas diferenzas e particulariedades á hora de exercer o poder lexislativo –e como se impulsa dende cada unha das cámaras–, cantos representantes resultan electos para cada unha das institucións e desterrar algúns falsos mitos e ‘fake news’ como os que atinxen ao voto telemático –e que no caso do Congreso, por exemplo, se concede aos deputados e deputadas en moi contadas excepcións– ou á piscina do Senado –que en realidade é un alxibe para almacenar auga–.

Todo elo permitiu aos e ás participantes na viaxe coñecer, observar e palpar a historia de España de preto e aproximarse ás institucións entendendo a súa relevancia para a separación de poderes que recolle a Constitución. Estas visitas, ademais, complementáronse cun percorrido pola sede do PSOE na rúa Ferraz da man de Enma López, secretaria federal de Política Económica e Transformación Dixital do partido.