Entroido en Boborás: “tradición, música e gastronomía nunha festa para todos”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O municipio de Boborás vivira na fin de semana do 1 ao 3 de marzo unha das súas celebracións máis emblemáticas e esperadas: o Entroido. Cunha programación que combina tradición, música, gastronomía e diversión para todas as idades, o Entroido de Boborás demostrorá unha vez máis por que é unha das festas máis queridas e participativas da comarca.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Sábado, 1 de marzo: arranque festivo no pavillón municipal*
A festa comezará o sábado pola tarde no pavillón municipal, onde a partir das 19:30 horas congregáranse veciños e visitantes para gozar dunha velada chea de sabor e alegría. A gastronomía será unha das protagonistas, con empanadas, chourizo con pan e o tradicional chocolate con bica, reconfortará aos asistentes fronte ao frío invernal.

A música en directo animará o ambiente, creando un clima festivo que contaxiará a todos os presentes. Os máis pequenos tamén terán o seu espazo, con inchables que lles permitirán gozar de horas de diversión mentres os adultos comparten risas e bailes.

Domingo, 2 de marzo: os “felos” toman as rúas*
O domingo, a tradición polas rúas de Boborás. Ás 17:00 horas, desde o campo de festa de Feás, partiu o percorrido dos “felos”, unha das figuras máis representativas do Entroido na zona. Os felos, cos seus coloridos traxes e máscaras, desfilarán polas localidades de Vilachá, Cardelle, Vecoña e Feás, levando consigo o espírito ancestral e máxico desta celebración.

O desfile, que atrae a numerosos espectadores, finalizará no local social, onde se servirán petiscos para repoñer forzas e continuar a festa nun ambiente de convivencia e camaradería.

Luns, 3 de marzo: peche con sabor a chocolate*
O luns pola noite, o Entroido de Boborás despedirá a súa edición cun percorrido festivo que partirá ás 22:00 horas desde o bar A Ponte. Os participantes, disfrazados e co ánimo polas nubes, percorrerán as rúas de Pazos de Arenteiro, levando a alegría do Entroido a cada recuncho.

Ao finalizar o percorrido, os asistentes poderán gozar de petiscos e chocolate quente, un broche perfecto para unha festa que, unha vez máis, sabrá combinar tradición e modernidade, e que deixará en todos os participantes o desexo de que chegue pronto o próximo Entroido.

O Entroido de Boborás non é só unha festa; é unha celebración que reúne a xeracións ao redor da cultura, a gastronomía e a alegría, e que este ano volverá demostrar por que é unha das citas imprescindibles do calendario festivo galego.