Estudantes do IES Nº1 inician unha campaña de limpeza das instalacións deste centro de ensino do Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O IES Nº1 do Carballiño comeza na xornada de mañá, mércores 19 de febreiro, unha campaña de limpeza xeral das instalacións exteriores do centro de ensino, no que participará o alumnado dos cursos de 1º e 2º de ESO. A práctica totalidade de ámbolosdous cursos presta voluntariamente a súa colaboración nesta tarefa, seguindo un calendario de actuacións programado coa axuda da dirección.

Tal e como informan dende o propio IES carballiñés, adicaranse unha boa parte das titorías, o que supón un tempo aproximado de vinte minutos, para levar a cabo esta laboura de acondicionamento dos patios, xardins e outros espazos da contorna do edificio, e os alumnas e alumnas terán un pequeno incentivo unha vez rematado o proceso.

Esta actividade esta incluída no programa “Xunt@s no camiño …” baixo a denominación ‘Patrulla Super Limpos’, e que tivo o seu arranque cun roteiro polo Camiño de Santiago a mediados do pasado mes de xaneiro, con visitas a residencias de maiores e unha recadación de fondos para remitir a un centro de ensino da localidade valenciana de Massanassa, unha das máis afectadas pola Dana a finais de outubro de 2024.