O 19 de febreiro é o Día Internacional Contra a Homofobia no Fútbol, en homenaxe ao nacemento de Justin Fashanu o primeiro futbolista de elite en recoñecer publicamente a súa homosexualidade.
Foi en 1990 e despois daquel feito, Fashanu foi expulsado do equipo e obxecto de burla por algúns dos seus compañeiros. Anos despois e tras unha acusación falsa de violación, o xogador entrou nunha profunda depresión e suicidouse en 1998.
Para que feitos como estes non se volvan a repetir, celébrase esta efeméride, para o fin da discriminación por razóns homófobas no fútbol, e no deporte en xeral.
BOLETINS OFICIAIS : Información de interes :
EFEMÉRIDES DE NACEMENTOS
17 de febreiro: | 1836 Nace en Sevilla Gustavo Adolfo Becquer, poeta español e unha das figuras máis importantes do romanticismo. A súa lírica caracterizarase por ser intimista e expresada con sinxeleza e sinceridade. Morrerá aos 34 anos de idade por mor dunha tuberculose 1817 Nace en Bruselas, Willem Alexander Paul Frederik Lodewijk van Oranje- Nassau, coñecido como Guillermo III dos Países Baixos que será rei dos Países Baixos e Gran Duque de Luxemburgo entre 1849 e 1890 1781 En Quimper, bela localidade da Bretaña francesa, nace René Laënnec que será médico francés e por mor da vergoña que sentirá ao achegar o seu oído ao peito das pacientes, en 1816 creará un cilindro de madeira de 30 cm de longo, orixe do estetoscopio. |
18 de febreiro: | 1898 En Módena, Italia, nace o que será fundador en 1929 da Scuderia Ferrari e máis tarde da marca de automóbiles Ferrari, Enzo Ferrari. Baixo a súa dirección (1947-88) a marca automobilística Ferrari gañará máis de 5.000 carreiras en diversas categorías e obterá 25 títulos de Campionatos do Mundo 1745 Na Lombardía italiana, nace Alessandro Volta, físico italiano, que será coñecido sobre todo porque desenvolverá a pila eléctrica. A unidade do Sistema Internacional de potencial eléctrico, chamarase voltio na súa honra 1516 En Greenwich, Inglaterra, nace María Tudor, que reinará Inglaterra e Irlanda desde 1553 hasta su muerte en 1558, bajo el nombre de María I |
19 de febreiro: | 1473 En Thorn (Polonia) nace Nicolás Copérnico, considerado o pai da astronomía moderna. Copérnico estudará Humanidades na Universidade de Cracovia e Dereito Canónico na de Bolonia e será o primeiro astrónomo en suxerir que a Terra e os demais planetas orbitan ao redor do Sol, cando todos os demais astrónomos manteñen á Terra como centro do Universo. O seu libro “Sobre as revolucións das esferas celestes”, será publicado en 1543, ano da súa morte, polo que nunca saberá o gran balbordo que causará na humanidade. En 1616 será considerado libro herético pola Igrexa ao dar a coñecer a teoría heliocéntrica que revolucionará a astronomía da súa época |
20 de febreiro: | 1951 Nace en Glasgow (Reino Unido) Gordon Brown, que será primeiro ministro de Gran Bretaña a partir de xuño do 2007 ata xuño de 2010 polo Partido Laborista. |
21 de febreiro: | 1817 Nace en Valladolid (España), o dramaturgo e poeta español José Zorrilla, autor da afamada obra “Don Juan Tenorio”, onde nunha Sevilla de 1545, que vive os últimos anos do rei Carlos I de España, narra o mito de Don Juan 1794 Vén ao mundo en Jalapa, México, o militar, político e ditador mexicano Antonio López de Santa Anna, que asumirá a presidencia do seu país en 11 ocasións |
22 de febreiro | 1900 Nace en Calanda (Teruel, España), Luís Buñuel, cineasta español. 1857 Nace en Hamburgo (Alemaña), o físico alemán Heinrich Hertz, descubridor do efecto fotoeléctrico e da propagación das ondas electromagnéticas no espazo. 1788 Nace en Danzing (Alemaña) Arthur Schopenhauer, filósofo alemán. Será autor do coñecido ensaio “O mundo como vontade e representación” 1732 En Wakefield (actual EE. UU.) nace George Washington que será o primeiro presidente da Unión. Durante o seu goberno (1789-1797) a prudencia, a sensatez e o respecto ás leis, serán as notas dominantes do seu mandato |
23 de febreiro | 1685 Nace en Ache (Alemaña), o compositor, nacionalizado inglés, George Friedrich Haendel, figura destacada da música do barroco tardío. Entres as súas moitas e exquisitas obras talvez caiba destacar “O Mesías” 1633 Nace en Londres (Reino Unido) Samuel Pepys, que será administrador naval e membro do parlamento inglés, soado sobre todo polo seu Diario escrito entre 1660 e 1669, que será unha das fontes primarias máis importantes do período da Restauración inglesa, na que narrará importantes sucesos da época tales como a Gran Peste de 1665 ou o Gran Incendio que arrasou Londres en 1666, así como intrigas palaciegas ou pormenorizadas descricións da vida cotiá e da súa propia existencia doméstica. |
EFEMÉRIDES DE OBITUARIOS
17 de febreiro: | 1909 Na reserva india de Fort Sill, en Oklahoma, Estados Unidos, morre Gerónimo, gran guerreiro e xefe da tribo apache dos chiricahuas de América do Norte que destacou durante os enfrontamentos entre o pobo apache e as autoridades de Estados Unidos e México. 1680 Falece en Ámsterdam (Países Baixos) o anatomista e zoólogo holandés Jan Swammerdan, que observou por primeira vez os glóbulos vermellos do sangue. 1673 En París (Francia) falece no escenario o actor e comediógrafo Jean Baptiste Poquelin, máis coñecido polo seu pseudónimo Moliere mentres representa a súa última obra saída da súa pluma “O enfermo imaxinario”. Outras coñecidas obras súas son: ” Tartufo”, “Don Juan”, “O misántropo”, “O médico a paus”, “O avaro” e “O burgués xentilhome” |
18 de febreiro: | 1564 Morre en Roma, Italia, Michelangelo dei Lodovico Buonarroti, arquitecto e pintor italiano renacentista, considerado un dos máis grandes artistas de todos os tempos tanto polas súas esculturas como polas súas pinturas e exquisita obra arquitectónica 1546 En Eisleben (Alemaña), falece Martín Lutero, monxe agostiño e reformador relixioso alemán. A súa exhortación para que a Iglesia volvese aos ensinos da Biblia impulsou a transformación do cristianismo e provocou a Contrarreforma |
19 de febreiro: | 1997 Falece en Pequín (China) Deng Xiaoping, político chinés e líder da República Popular China, que introduciu importantes reformas económicas para o seu país en 1978 1951 Morre en París, Francia, o escritor e Premio Nobel de Literatura en 1947, André Gide, defensor dos dereitos dos homosexuais. Un ano despois da súa morte, a Igrexa católica incluirá os seus libros no Índice de libros prohibidos. Foi inspiración para escritores como Sartre ou Camus |
20 de febreiro: | 1920 Falece en Washington (EE. UU.) Robert E. Peary, explorador estadounidense e primeiro en chegar ao Polo norte, o 6 de abril de 1909, aínda que hoxe esta fazaña expón certas dúbidas. 1790 Falece en Viena (Austria) o emperador do Sacro Imperio Romano Germánico, José II, que comezou a reinar xunto á súa nai en 1765, pero non obtivo o goberno efectivo ata a morte desta en 1780, á que sucedeu como rei de Hungría e de Bohemia. |
21 de febreiro | 1965 Mentres dá unha conferencia na sala Audubon de Manhattan (EE. UU.) resulta asasinado Malcolm X, que defende conceptos de orgullo racial e nacionalismo negro. Pouco despois da súa morte, poñerase á venda a súa autobiografía, o que lle converterá nun heroe ideolóxico 1934 Nos arredores de Managua, pola noite cando regresa da Casa Presidencial tras falar co presidente Sacasa, Augusto César Sandino resulta asasinado por soldados da Garda Nacional de Nicaragua, que seguen ordes directas de Anastasio Somoza. Dous anos máis tarde, Anastasio Somoza, farase co poder do país, tras derrocar ao presidente Sacasa, o seu tío político 1677 Falece na Haia (Países Baixos) o filósofo holandés Baruch de Spinoza, un dos grandes “racionalistas” do século XVII xunto ao alemán Leibniz e ao francés René Descartes. A súa filosofía pretende unha reforma do entendemento, a relixión e a política |
22 de febreiro | 1987 Como consecuencia dunha operación de vesícula biliar, morre nun hospital de Nova York, EEUU., o artista estadounidense Andy Warhol que desempeñou un papel crucial no nacemento e desenvolvemento do Pop Art. 1939 Morre no seu exilio de Colliure (Francia) o poeta español, Antonio Machado, membro da Xeración do 98. Obras coñecidas súas son “Campos de Castela” e “Soidades” 1913 En México, pola noite, o presidente Francisco Madero, tras ser obrigado a asinar a súa renuncia e a pesar da promesa dos golpistas de respectar a súa vida e facilitar o seu exilio á illa de Cuba, e o vicepresidente José María Piñeiro Suárez, son sacados de Palacio Nacional para trasladalos por separado á penitenciaría do Palacio Negro de Lecumberri. Nas proximidades da prisión, Cecilio Ocón, un partidario de Félix Díaz, cun grupo de xendarmes, simula un ataque aos automóbiles en que viaxan os prisioneiros. Con esta escusa, son baixados a fume de carozo dos coches e asasinados polos axentes que os custodian. 1512 Falece en Sevilla (España), Américo Vespucio, navegante e descubridor italiano ao servizo da coroa de España, cuxo nome servirá para denominar o continente recentemente descuberto, América. |
23 de febreiro | 1855 Morre en Göttingen (Alemaña), o matemático, astrónomo e físico alemán Johann Carl Friedrich Gauss, que contribuíu de forma decisiva en moitos campos da ciencia, incluída a teoría de números, a análise matemática, a moderna xeometría diferencial, a xeodesia, o magnetismo e a óptica. 1848 Falece en Washington D. C. (Estados Unidos), John Quincy Adams, que foi o sexto presidente do seu país (1825-1829) e á súa vez era o fillo maior do presidente John Adams, segundo presidente de EE. UU |
SANTORAL
17 de febreiro: | Alejo de Falconieri, Bonfiglio, Bonajunta, Amideo, Sosteneo, Lotoringo, Ugocio, fundadores de los Servitas; Faustino, Policromio, Silvino y Benedicto, Eutropio, obispos; Teódulo, Donato, Secundiano y Rómulo, mártires. |
18 de febreiro: | Simeón, obispo de Jerusalén; Flaviano, Eladio, obispos; Claudio, Alejandro, Cucias, Lucio, Rótulo, Clásico, Máximo, Prepedigna, Silvano, Secundino, Frúctulo, mártires; Constancia, Atica, Artemia, confesores. |
19 de febreiro: | Agatón, papa; Zambdas, Casiano, Barbato, Mansueto, Quodvultdeus, obispos; Gabino, Publio, Julián, Marcelo, mártires; Conrado, Eugenio, Beato (de Liébana), Confalonieri, confesores; Dositeo, monje; beato Álvaro de Córdoba. |
20 de febreiro: | Tiranión, Silvano, Peleo, Nilo, Eleuterio, Sadot, León, Euquerio, obispos; Dídimo, Potamio y Nemesio, mártires; Zenobio, presbítero |
21 de febreiro: | Pedro Damián, obispo y doctor; Maximiano y Severiano, Félix, Gundeberto, Paterio, Antimo, obispos; Zacarías, patriarca; Randoaldo, monje; Vérulo, Félix, Secundino, Saturnino, Fortunato, Siricio, Sérvulo, Claudio, Sabino y Máximo, Pedro Mavimeno, mártires; Leonor, reina; Irene y Vitaliana, vírgenes |
22 de febreiro | Cátedra de San Pedro. Santos: Papías, Abilio, Pascasio, obispos; Eugenio y Macario, mártires; Margarita de Cortona, Aristión discípulo del Señor, Rainiero, confesores. |
23 de febreiro | Policarpo, obispo y mártir; Celso, Félix, Ordoño, obispos; Primiano, Florencio, confesores; Lázaro, Antonio, monjes; Romana, Milurga, Marta, vírgenes; Sereno (Sireno) monje y mártir; beata Rafaela Ibarra, fundadora de las RR. de los AA. Custodios. |