Este ano de 2025, a Asociación Cultural A Esfarna do Ribeiro quere celebrar o Día de
Rosalía dunha forma orixinal e nutritiva. Da man dos responsables de Ceos Galegos (divulgación astronómica) e do Parque Náutico de Castrelo de Miño, convidán a participar nunha ‘cea rosaliana’ trufada de actividades “que nos alimentarán o corpo e alma”, según os organizadores, e que terá lugar no devandito parque deportivo o sábado 22 de febreiro, a partir das 19,00 horas.
No que nomean coma ‘capítulo terrenal’, o menú que propoñen estará composto de “caldo de gloria de Rosalía, parrillada de verduras, ñoquis de cabaza, raxiño de porco e crocantes de polo. E na parte ‘espiritual’, convidan a avista-lo firmamento, falando da estrela Rosalia de
Castro, e desfrutando de música galega e dalgúns poemas da poetisa nacional.
As reservas para participar neste evento pódense efectuar no teléfono 988 49 32 45, e establécese un prezo de 25€ (bebidas aparte) para os adultos, mentres que será de 12.50€ para a rapazada menor de 16 aniños, que terá o mesmo menú.