Laura Pérez nova Responsábel Local do BNG de Cartelle

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Cartelle, 18 de febreiro de 2025. A asemblea Local do BNG de Cartelle ven de escoller a Laura Pérez como nova responsábel Local do Bloque Nacionalista Galego no concello de Cartelle.  Unha escolla coa que o BNG reforza a súa estrutura e presencia social no concello de Cartelle a través da experiencia e renovación da organización  do proxecto que o BNG representa para Cartelle.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Laura Pérez (2000), graduada en filoloxía clásica e lingua e literatura galega pola Universidade de Santiago de Compostela, tamén é militante de Galiza Nova, a organización xuvenil do BNG. Formou parte das candidatura encabezada por Manolo Ferro nas municipais de 2023 no concello de Cartelle e na candidatura do BNG encabezada por Noa Presas ao Parlamento de Galiza.

 A recén eleita Responsábel Local manifestaba o seu agradecemento á militancia pola confianza outorgada e a ilusión por  traballar para continuar fortalecendo o BNG de Cartelle, para que este siga sendo unha forza útil e próxima, que defenda os intereses das veciñas e veciños de Cartelle.

Manolo Ferro, portavoz do grupo municipal do BNG de Cartelle, manifestou que  con esta escolla o BNG fai unha aposta pola mocidade e pola renovación, demostrando que a mocidade da localidade é motor de transformación. “A capacidade de traballo, compromiso e coñecemento de Cartelle da compañeira fan dela a persoa idónea para esta responsabilidade.”

A Responsábel Local de Cartelle fixo tamén un chamamento a toda a veciñanza para sumarse a este proxecto, participando activamente na construción dunha alternativa sólida e ilusionante para o futuro do concello.

Para rematar Laura facía un chamamento público a sumarse a mobilización convocada pola Plataforma Queremos Galego en defensa do idioma galego, que terá lugar o domingo 23 de febreiro en Compostela.