O estudantado dos colexios do Carballiño conmemora o ‘Día de Rosalía’ asistindo a unha representación teatral

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Auditorio Manuel María do Carballiño acolleu esta mañá unha das actividades da programación elaborada pola Concellería de Educación e Normalización Lingüística para conmemorar o ‘Día de Rosalía’, que se celebra na data do 23 de febreiro en lembranza do nacemento da poetisa na parroquia compostelá de Conxo no ano 1837.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Uns 200 alumnos e alumnas do primeiro ciclo de educación primaria dos centros de ensino do Carballiño, acompañados polo seu profesorado, acudiron ao auditorio para asistir a unha representación teatral, que correu a cargo da compañía Trémola Teatro.

Esta escenificación, á que asistiu a concelleira de Educación, Lorena Castro, consistíu nun contacontos teatralizado a cargo de Paula Regueiro baixo o título “Historias soñadas”, baseado en textos de Rosalía de Castro. No seu argumento cóntase que dende nena, as ventás tiveron moita presenza na vida de Rosalía, por iso, é a través delas onde descubrimos toda a maxia do seu mundo. Unha obra que mestura poesía, cancións é musica para achegar as crianzas a unha das figuras mais importantes do Rexurdimento Galego.