A Oficiña Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Ribadavia vén de programar para o vindeiro sábado, día 22, un obradoiro para a aprendizaxe do uso da ferramenta dixital ChatGPT, co obxectivo de que os participantes poidan crear e desenvolver as súas ideas.
“Non sabes cómo avanzar cos estudos, traballo ou de cara a emprender? Ou xa tes ideas e queres darlle forma?” é o reclamo desta actividade, que propón solucións para “clarificar ideas e tomar decisión e crear contido e promocionar proxectos online”.
O taller desenvolverase o sábado, en horario de 11,00 a 12,30 horas, na Aula CEMIT ubicada na Casa da Cultura de Ribadavia, tendo en conta que as prazas son limitadas e a inscripción debe facerse escaneando o código QR que figura no cartaz.