As e os socialistas no concello de Ourense reclaman unha maior presenza das mulleres na presentación de eventos deportivos por parte das administracións local, provincial e autonómica

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Dende o grupo municipal do PSdeG consideran imprescindible que as administración dean exemplo da realidade actual e que as presentacións de competicións conten con máis cargos institucionais femininos

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Así llo trasladou ao presidente do CMD, Aníbal Pereira, a edil María Fernández para que tanto Democracia Orensana como o PP –por ser este quen goberna na Xunta de Galicia e na Deputación– comecen a normalizar a presenza das mulleres

Ourense, 19 de febreiro de 2025. As representantes do grupo municipal socialista no Consello Municipal de Deportes (CMD) solicitaron durante a reunión deste órgano que as mulleres teñan máis presenza na presentación de eventos deste ámbito na cidade.

Concretamente, a edil do PSdeG no Concello de Ourense María Fernández reivindicou que é necesario un cambio ao comprobar que as imaxes de presentación de competicións ou campeonatos só adoitan contar con representantes institucionais masculinos e pediu que isto mudase o máis cedo posible.

Así llo trasladou ao presidente do CMD, Aníbal Pereira, para que tanto Democracia Orensana como o PP –por ser este quen goberna na Xunta de Galicia e na Deputación– comecen a normalizar a presenza feminina no deporte potenciando dende o seu ámbito institucional a participación das mulleres.