O Museo da Fábrica de Papel integrarase na Rede de centros museísticos de Galicia.

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, reuniuse este mércores en San Caetano co alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, e o seu tenente de alcalde, José Castro-Gil, cos que abordou a integración do Museo da Fábrica de Papel na Rede de centros museísticos de Galicia.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ademais, o representante de Cultura do Goberno galego e o rexedor do Carballiño analizaron posibles colaboracións para impulsar, modernizar e facilitar a accesibilidade en diferentes entidades culturais do municipio, dentro da estratexia de melloras destas infraestruturas que está a levar a cabo a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.