Un total de 256 viños da Denominación de Orixe Ribeiro resultaron distinguidos pola ‘Guía de Vinos, Destilados y Bodegas de Galicia 2025’ do sumiller, docente e catador Luis Paadín xunto co seu fillo Alejandro. Dos seleccionados, 27 conseguiron a medalla Gran Oro; outros 61 o recoñecemento de Oro+; 120 a medalla de Oro e, finalmente, 48 marcas foron distinguidas coa medalla de Plata.
A presentación da guía realizouse onte na sede do Consello Regulador, en Ribadavia, da man dun dos autores da publicación, Alejandro Paadín, e da presidenta do mesmo, Concha Iglesias, quen comentou que “ano a ano obsérvase un incremento no número de viños distinguidos por esta recoñecida publicación, o que otorga unha importante recompensa ao traballo e saber facer tanto de adegas coma de viticultores nesta Denominación de Orixe”.
A ‘Guía de Vinos, Destilados y Bodegas’ xa acada a súa 15ª edición, con maís de 27.500 exemplares editados, con 560 páxinas a cor e estadno exenta de publicidade. Recolle máis de 1.500 viños e destilados catados e máis de 500 adegas e destilerías. Inclúe, asemade, mapas climáticos, pluviométricos, litolóxicos e de relieve de tódalas Denominacións de Orixe, e armonías de viños galegos con pratos rexionais de toda España. Finalmente, recolle tamén unha árbore xenealóxica de variedades ancestrais de uva de Galicia, así como unha ampliación de sinonimias e homonimias, alcanzando a máis de 300 nomes de uvas galegas.
Listado de viños distinguidos con Gran Oro:
Brancos: A Telleira Parcelas 2022, Ailalelo Godello de Altura 2022, Armán Finca Misenhora 2021, Armán Finca Os Loureiros 2022, Beade 25 Autor 2022, Coto de Gomariz Finca O Figueiral 2020, Definca 2021, Eduardo Peña La Vista 2022, Emilio Rojo 2021, Fai un sol de carallo 2021, Finca Agochada 2022, Finca Viñoa Embotellado Tardío 2020, Finca Viñoa Paraje Penaboa 2020, Flor de Elisa 2022, La Sombrilla 2020, Leive Reliquia 2021, Mal raio te parta 2023, O Cobrador 2023, O Gran Meín 2022, Once Moios 2019, Pousa 2022, Ramón do Casar Nobre 2023, Val de Nairoa 2022 y Viña de Martín Escolma 2020.
Tostados: Alma de Reboreda 2008, As Pasas dos Pasás 2011 y Tostado de Costeira 2015.