Cinco locais de hostalaría de Cea ofrecen mañá petiscos de inverno na ‘I Ruta das estacións”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A localidade de San Cristovo de Cea converterase mañá, sábado día 22, nun punto de referencia gastronómico da comarca carballiñesa coa celebración da “I Ruta das estacións”, unha iniciativa da hostalería orientada a ofrecer a veciños e visitantes petiscos de cada tempada.

Un total de cinco establecementos únense nesta experiencia gastronómica especial: A Casa das Caretas, Sol y Luna, Bar Plaza, Bar Paxariño e Kanela Drink, que dará comezo ás 19,30 horas e se extenderá ata as 21,30 horas.

Nestes locais serviranse, respectivamente, lacón con grelos; arepitas con revolto de zorza; tosta de cecina con aceite e allo; orella de porco á galega e croquetóns de cocido. Con cada consumición, os clientes poderán desfrutar dun petisco vencellado con inverno, a un prezo de 1,50 euros.