Dende o mércores, 19 de Febreiro ata o venres, 14 de marzo poderease visitar na Sala de Exposicións do Centro de Interpretación da Lagoa de Antela a exposición (11 paneis de 60x 1,60). A exposición é totalmente gratuita e está aberta a toda a comunidade, especialmente a comarca da Limia.
- Presentación didáctica da exposición
- Visita guiada a exposición
- Entrega dun Informe sobre a situación dos insectos e medidas concretas para a súa conservación
- Degustación de mel de abella das aldeas de Piñeira de Arcos e Sandiás
Este exposición é unha invitación para reflexionar sobre a importancia do pequeno na conservación do noso patrimonio natural e a posibilidade de unir forzas ante os desafíos ecosociais. A pesar do seu valor ecolóxico, o seu pequeno tamaño relegounos á indiferenza ou a súa destrución. Sen protección específica, foron ignorados como elementos crave nos ecosistemas para a biodiversidade e a regulación climática. A súa desaparición afecta a especies minorizadas que dependen deles, como os anfibios, o grupo de vertebrados máis ameazado do planeta.
A Exposición “Sin insectos non hai vida”. Os insectos tamén importan. O pequeño é fermoso
Ante o alarmante descenso das poboacións de insectos, a importancia ecolóxica dos mesmos e o escaso interese das administracións, a Asociación Española de Entomología, Ecoloxistas en Acción e Amigas das Cegoñas lanzan esta exposición que se sitúa no marco da campaña “Sen biodiversidade non hai vida”. Prentende sensibilizar á sociedade e administracións da importancia ecolóxica dos insectos e as consecuencias ecolóxicas, sociais e económicas da súa desaparición.
Os insectos representan o 60% das especies de animais existentes, e o rápido descenso nas súas pobacións é un indicativo claro da gravidade da situación ambiental que afrontamos. Coa exposición quérese subliñar a importancia vital de preservar as especies de insectos como ferramenta esencial para a conservación da biodiversidade. A exposición busca aumentar a
sensibilización da sociedade sobre a relevancia ecolóxica destas especies.
A educación ambiental no Centro de Interpretación Lagoa de Antela
O Centro de Interpretación da Lagoa de Antela do Concello de Sandiás é un instrumento máis que pretende facerse eco do traballo científico, divulgativo e de restauración levado a cabo polas diversas organizacións e tratar de transmitilo de forma didáctica as novas xeracións para que xurda neles o interese pola memoria histórica popular,a vida da primixenia Lagoa de Antela é, en xeral, sensibilizar a través da educación patrimonial e ambiental. Neste senso xa ten posto en marcha iniciativas varias como exposicións de sensibilización da poboación da comarca como “Nosas amigas as Cegoñas” e “Sin biodiversidade non hai vida” animada por Amigas das Cegoñas; clubes de lectura verde como os referidos aos libros “Unha vida de ra” e “A revolta da Lagoa”do escritor limián Rafael Laso; a presentación do libro “ Oceanoe. Travessia polo mar das Antelas” con Noemí Vázquez da Arca da Noe; a magnífica e exitosa exposición “Cadernos da Llimia”. Paisaxe, identidade e Memoria do fotógrafo Blas González ou as expléndidas xornadas de nivel nacional como as organizadas en Sandiás por Seo BirdLife sobre o Humidal da Lagoa de Antela a comezo do mes de Febreiro.