O Partido Popular reafírmase no seu compromiso de pacto co PSOE no goberno municipal do Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Partido Popular do Carballiño emitiu un comunicado esta mañá para trasladar á veciñanza que manteñen o seu compromiso de pacto de goberno co PSdeg-PSOE tendo en conta que lle proporcionou estabilidade na xestión do Concello e que se conqueriron importantes avances para o municipio. Estas foron as conclusións extraídas da xuntanza mantida onte pola Executiva Local do PP carballiñés, na que tamén están integradas as concelleiras e concelleiros populares da Corporación, e que estivo presidida por Argimiro Marnotes, actual deputado por Ourense no Parlamento de Galicia.

Os populares subliñan que, nesta reunión, “se  detallaron os traballos que leva desenvolvidos o grupo municipal do PP durante os primeiros meses de cogobernanza municipal co PSOE, facendo evidente os avances realizados nas materias sobre as que teñen competencias”. Tamén se tratou na xuntanza a expulsión do PSOE do alcalde, Francisco Fumega. Neste sentido, o Partido Popular expón que “queremos mandar unha mensaxe contundente de apoio á autononomia das decisións de pactos locais, nos que prima dar estabilidade aos gobernos en beneficio da veciñanza, como é no caso do Carballiño, polo que os concelleiros e concelleiras do PP seguirán traballando a reo como o veñen facendo dende que foi asinado o acordo” pactado para gobernar conxuntamente o Concello.

Os populares carballiñeses “non poden entender coma o PSOE a nivel nacional acepta os seus propios acordos con Bildu ou con prófugos da xustiza, e non aproban un pacto entre veciños e veciñas” en prol da propia veciñanza do Carballiño.

A dirección do Partido Popular do Carballiño tamén acordou iniciar unha campaña de afiliación, para darlle entrada a moitas persoas que desexan participar da política dos populares, destacando entre elas á mocidade.