A ‘Feira do Stock de Inverno’ ofrece na Praza Maior importantes descontos en 14 establecementos do CCA do Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A “Feira do Stock de Inverno” xa abríu as súas portas na Praza Maior da vila do Arenteiro por iniciativa da Asociación de Comerciantes Carballiño Centro Comercial Aberto (CCA) coa colaboración do Concello do Carballiño e a cofinanciación da Xunta de Galicia. Unha actividade que se vén desenvolvendo dende a tarde do pasado venres e que terá continuidade hoxe, en horario de 11,00 a 14,00 horas e de 16,30 a 21,00 horas. Unha actividade que está a ter un moi aceptable éxito de afluencia, según nos comentaba a xerente do CCA do Carballiño, Noelia Mares, a pesares de que na xornada do venres as condicions metereolóxicas non acompañaron.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Un total de 14 establecementos asociados ao CCA dispoñen dunhas carpas onde tanto veciños coma visitantes poden atopar produtos con importantes descontos en moda, calzado, complementos, artigos para o fogar e incluso unha gran variedade de froitas. A entrada totalmente libre e gratuíta nas carpas instaladas na Praza Maior, permitindo a tódolos asistentes aproveitar as mellores ofertas e, de paso, apoiar ao comercio local do Carballiño.

E haberá un bó incentivo para mercar nesta feira de inverno, porque hoxe, domingo, haberá un sorteo programado polo organización dun vale de compra por valor de 100 euros. O sorteo levarase a caboa partir das 18,00 horas no stand que posúe o Centro Comercial Aberto nesta feira. Para participar neste sorteo, os clientes recibirán unha papeleta por cada compra realizada, que deberán completar cos seus datos e logo depositala nunha urna ubicada no mesmo stand.