Luis Menor visitou diversas obras e equipamentos financiados pola Deputación de Ourense no municipio de Castrelo de Miño

VISITA AO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO. O presidente provincial, Luis Menor, realizará unha visita institucional ao Concello de Castrelo de Miño, acompañado do seu alcalde o popular, Avelino Pazos Pérez, e de Rita Pereira Lopez, Francisco Pérez Iglesias, Marisol Alonso Rodríguez e José Antonio Ferreiro Ferreiro, todos eles membros da corporación municipal.
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, visitou hoxe o municipio de Castrelo de Miño en compañía de membros da Corporación liderados polo alcalde, Avelino Pazos, co fin de coñecer directamente o resultado de diferentes obras e actuacións realizadas grazas ao Plan de Cooperación posto en marcha pola institución ourensá. Tal e como sinalou Menor, o concello de Castrelo de Miño percibirá máis de 1,4 millóns de euros durante este mandato a través do Plan CooperOU e doutras axudas. “Acometeranse obras e prestaranse novos servizos para atender as demandas deste concello”, sinala Menor.

Durante o percorrido, no que estiveron acompañados tamén por veciños da zona, visitaron as melloras realizadas na estrada provincial 0U-304, unha das máis transitadas deste municipio e que este ano abordarán a súa terceira fase de actuación. O presidente provincial destacou que esta vía xa ten comprometidas máis axudas da Deputación. Menor tamén coñeceu as obras na cuberta do anexo para vehículos situada ao lado da Casa Consistorial. Esta actuación permite que os vehículos municipais non estean a intemperie.

O percorrido continuou coa visita á nova depuradora do municipio, trala demolición da antiga.
Despois, o presidente provincial coñeceu, da man da veciñanza, o novo aspecto do centro social da Asociación Castro de Santa Lucía de Freás, grazas á subvención da Deputación de Ourense para mellorar as súas instalacións.

“Os veciños poden desfrutar dun espazo para levar a cabo actividades culturais e de lecer”, sinalou o presidente provincial trala visita ao local social, destacando o valor deste espazo como “punto de encontro” para os veciños. Pola súa banda, o alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos, agradeceu a implicación da Deputación de Ourense, “clave” para abordar proxectos e servizos fundamentais para o seu municipio