Cine Club Carballiño ofrece programa dobre: “Bird” o venres 28 e “O noso día” o domingo 2

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A programación de Cine Club Carballiño correspondente ao mes de febreiro pecharase este vindeiro venres, día 28, cunha das películas máis fermosas e vitalistas da tempada, “Bird”, a última da directora Andrea Arnold, na que se conta que Bailey, de 12 anos, vive co seu pai solteiro Bug e o seu irmán Hunter nunca casa ocupada do norte de Kent, en Inglaterra. Bug non ten moito tempo para os seus fillos, e Bailey, xa preto da puberdade, procura atención e aventuras pola súa conta. Nos Premios BAFTA está nominada á mellor película británica, e foi nominada tamén nos Festivais de San Sebastián (Premio do público) e Cannes (Palma de Ouro). Os pases serán no Auditorio Manuel María do Carballiño ás 20,00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22,30 horas en versión orixinal subtitulada (VOS)

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Xa para o domingo, día 2 de marzo, está previsto que continúen as sesións do ciclo ‘Filmoteca’. Nesta ocasión, proxectarase a película “O noso día”, do coñecido director Hong Song-Soo, que nos trae unha das súas pequenas historias de personaxes entrañables e cheos de vida. Haberá un único pase ás 19,00 horas en VOS., no Auditorio Manuel María.