Un grupo de Aspadisi aprendeu a elaborar máscaras de Entroido cos estudantes do IES Nº 1 do Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A biblioteca do Instituto de Ensino Secundario (IES) Nº 1 do Carballiño acolleu na mañá de hoxe unha xornada de convivencia entre estudantes de 1º de ESO e un grupo de integrantes do colectivo Aspadisi, no marco do programa “Xunt@s no Camiño …” que leva a cabo o departamento de Relixión deste centro educativo.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A actividade consistíu na elaboración, a partir de pratos sintéticos, cartulinas e pequenos canudos, dunhas máscaras artesanais para poder lucilas nas vindeiras festas do Entroido. As mulleres e homes da asociación de discapacitados intelectuais aprenderon de mans das alumnas e alumnos do IES nº 1 cómo se pode artellar unha carauta individual con estes sinxelos materiais.

O coordenador do proxecto “Xunt@s no Camiño …”, Manuel Ángel Morón, destaca que “o obxectivo é a integración recíproca dunhas comunidades noutras para conquerir unha sociedade máis inclusiva e xusta”. O profesor de Relixión valorou o qué significa esta experiencia para o estudantado do centro, “así conciéncianse de que se queremos facer un equipo, nel collemos todos, de xeito que ninguén é especial e todos somos especiais”.

Dentro deste mesmo programa, entre outras actividades, medio cento de alumnos e profesores do IES Nº 1 protagonizaron no pasado mes de xaneiro un percorrido solidario polo Camiño de Santiago, con visitas a centros xeriátricos de Palas de Rei e Arzúa a fin de intercambiar experiencias coas persoas maiores, e, de xeito, parello, promover unha recadación de donativos para un colexio de Massanassa, unha das localidades de Valencia máis afectadas pola Dana en outubro de 2024.