O sábado 1 de marzo, a Asociación Cultural A Esfarna do Ribeiro organiza na
cafetería Delicatessen de Ribadavia (Rúa Progreso 12) un suculento obradoiro
no que o consumado reposteiro Iago Martínez amosará cómo se elaboran as
riquísimas orellas de Entroido.
Será a partir das 17,00 horas e, por suposto, tamén haberá degustación. Trátase dunha actividade qué é de balde para os socios dp colectivo cultural, e que tan só custa
3€ para os non asociados. Pódese reservar a praza de asistencia na propia cafetería ou no correo da asociación:aesfarnadoribeiro@gmail.com.