A campaña ‘Galicia sabe aMar’ da Consellería do Mar da Xunta de Galicia chegará mañá ao municipio de Boborás. As veciñas e veciños de Boborás terán a oportunidade de degustar, de xeito totalmente gratuíto, as diferentes propostas gastronómicas de produtos das nosas rías na furgoneta itinerante desta promoción.
Esta furgoneta estacionarase no exterior do colexio público Nosa Señora de Xuvencos en horario de 9,30 a 11,30 horas, e posteriormente cambiará a súa ubicación á Almuzara, onde permanecerá aberta de 12,00 a 15,00 horas.