O Concello do Carballiño abre o prazo de inscrición no servizo de conciliación ‘Bó Día Familia’

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Un ano máis, a Concellería de Benestar Social convoca o programa municipal de conciliación familiar que promove a mellora na corresponsabilidade para acadar un mellor equilibrio na esfera profesional, persoal e familiar dos seus membros. Para o comezo do vindeiro curso escolar 2025/26 o Concello do Carballiño porá a disposición das familias o Servizo de conciliación ‘Bó Día Familia’, cos servizos de acollida, gardería e lecer durante as horas previas e posteriores á xornada escolar. O horario será de mañá dende as 7,30 horas ata o inicio da xornada escolar, e, en horario de tarde, dende as 14,00 ata as 19,00 horas.

Así mesmo, darase o servizo de conciliación durante os periodos non lectivos e non festivos
de Nadal, Entroido e Semana Santa en horario de mañá dende as 7,30 ata as 14.00 horas.
O servizo ubicarase no local de ‘Bó Día Familia’, na rúa Calvo Sotelo, e contará con servizo de
almorzo a partir das 8,00 da mañá.

Os requisitos para poder solicitar a participación nos programas son: os participantes serán
menores con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, escolarizados nalgún centro de
ensino do municipio do Carballiño e estar empadroados no mesmo. O prazo de inscrición comezará o vindeiro día 1 de marzo e rematará o día 20 de marzo.

As familias interesadas poden completar a información e descargar o formulario de inscrición
na páxina web municipal www.carballino.gal, no apartado de taboleiro de anuncios, ou ben
nas dependencias do departamento municipal de Servizos Sociais, situadas no número 10 da rúa Faustino Santalices, sendo o 988 531 076 o teléfono de contacto.