O escritor Miguel Anxo Fernández desvelou as claves de “Un dente sen cadáver” ao alumnado do IES Chamoso Lamas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

“Entretida, atrapoume, ben escrita, bó ritmo, intriga ata o final, temática policíaca, …”, e, sobre todo, “… ambientada no noso pobo!”, foron algunhas das frases dos alumnos de 1º de Bacharelato do IES Chamoso Lamas que hoxe pola mañá recibiron a visita do escritor e tamén carballiñés, Miguel Anxo Fernández, para falarlles da súa novela, publicada no ano 2016, “Un dente sen cadáver”.

Unha vez máis. coma tantas outras, o autor do Carballiño engaiolou a rapazada falando das fontes de inspiración, da  creación dos personaxes, da escolla das localizacións, da xustificación da trama, dos contidos transversais (explotación, malos tratos, especulación, …). Miguel Anxo non só respostou a toda canta dúbida se lle formulou, senón que o estudantado e profesorado presentes na charla incluso tiveron o privilexio de coñecer datos sobre a próxima obra.

“Ter a Miguel da man sempre é un pracer, e hoxe aínda máis, cando nos sorprendeu ao final cun agasallo asinado para cada alumn@: Un nicho para Marylin”, según comentan dende o IES Chamoso Lamas. E foi tal a acollida que tivo o autor que as alumnas e os alumnos solicitaron ler esta obra para o próximo trimestre.