Un acto institucional e unha andaina solidaria conmemorarán o Día Internacional da Muller no Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Concellería de Servizo Sociais e Igualdade do Carballiño vén de facer pública a programación das actividades que xirarán ao redor da data do vindeiro 8 de marzo, no que se conmemora o Día Internacional da Muller, e nas que cobran especial protagonismo as asociacións e colectivos do municipio. O programa foi presentado esta mañá na Casa do Concello pola concelleira de Igualdade, Silvia Baranda, que estivo acompañada por traballadoras do seu departamento e representantes da Asociación Española contra o Cancro (AECC).

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Deste xeito, na xornada do 7 de marzo, venres, dende as 12,00 horas está prevista na praza Maior a celebración dun acto institucional, que será presentado pola xornalista Raquel Domínguez.no que se dará lectura ao manifesto da Corporación, e no que participará o alumnado dos centros de ensino, asociacións de mulleres e outros colectivos como Aspadisi, Cruz Vermella e Asdifica, con acompañamento musical.

Xa o domingo 16 de marzo, saírá aás 10,00 horas a “Andaina O Carballiño Camiña pola Igualdade”, que acada a súa undécima edición tras non celebrarse o ano pasado, cun percorrido de 12 quilómetros por sendeiros do municipio carballiñés. As inscripcións para esta actividade pódense facer entre o día 3 ata o xoves 13 de marzo, no teléfono 988.531.076, no correo cim@carballino.gal ou nas propias oficiñas de Servizos Sociais, ubicadas no nº 10 da rúa Faustino Santalices. As persoas que se anoten na andaina poden entregar os seus donativos a beneficio da Asociación Española contra o Cancro nunha urna que se colocará no punto de saída, na Praza Maior do Carballiño.

Tamén haberá unha chiscadela ao 8-M o vindeiro mércores, día 5 de marzo, no tradicional Enterro da Sardiña, xa que o grupo de teatro Dar Trela e os integrantes de Aspadisi protagonizarán unha montaxe titulada “Arriba mulleriña!”, coa colaboración da Concellería de Cultura.