A nova residencia de Aspadisi cumpre un ano coma exemplo de integración social e laboral das persoas discapacitadas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

“A Casa de Aspadisi” é un fogar de convivencia, traballo e, sobre todo, integración. O que foi durante décadas un soño para as familias de persoas con discapacidade intelectual das comarcas do Carballiño e do Ribeiro converteuse, hai hoxe un ano, nunha realidade. Era un 28 de febreiro cando se inauguraba a nova residencia da asociación, coa presenza da conselleira de Política Social, Fabiola García, e outras autoridades provinciais e locais. E, ao día seguinte, 1 de marzo, duas persoas xa estreaban a súa estadía nas instalacions.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Tanto a Xunta de Galicia, que aportou 655.000 euros, coma a Deputación de Ourense, concellos da contorna, empresas e particulares foron os artífices coas súas achegas de poder levar a bó porto este proxecto, que está a favorecer ao desenvolvemento das condicións de vida dos usuarios e das súas familias. O proxecto consistiu na construción dunha nova planta sobre o edificio xa existente, incluíndo tamén a reforma e ampliación da actual cociña, de xeito que foi dotado de 16 habitacións para un total de 32 prazas, das cales a metade son públicas e suxeitas a un convenio co departamento autonómico de Política Social.

Na actualidade, xa son 18 os usuarios da residencia, dos cales tres atópanse no réxime privado e os 15 restantes ocupan prazas da modalidade pública conveniada. A directora da residencia, Cristina Lorenzo, destaca a boa disposición amosada polos traballadores do Centro Ocupacional de Aspadisi para acoller aos novos residentes e integralos na vida diaria, procedentes de diferentes puntos de Galicia e cun amplo abano de idades.

O primeiro aniversario de “A Casa de Aspadisi” do Carballiño celebrarase cunha animada festa nas instalacións ubicadas na finca Os Fidalgos, ao carón do río Arenteiro, unha vez pasen as xornadas do Entroido. A xente de Aspadisi, como xa é tradicional, sairá á rúa o vindeiro mércores 5 de marzo, para protagonizar o Enterro da Sardiña xunto o elenco artístico do grupo de teatro Dar Trela.

A nova residencia deste centro ocupacional, posta en marcha hai xa un ano, dispón de 32 prazas en 16 habitacións dobres e 8 individuais, das cales 15 dispoñen dun concerto económico coa xunta. Na actualidade están cubertas 18 das 32 prazas de aloxamento totais. O investimento total na ampliación e acondicionamento do inmoble de Aspadisi para residencia foi de 1.472.000 euros, dos que 1.136.462 foron destinados á construción iniciada en 2021 e 335.618 ao equipamento. A Xunta aportou 654.735 euros tras optar o proxecto a unha liña de axudas compietndo con máis de 50 asociacións; a Deputación concedeu unha subvención de 300.000 e o Concello de Carballiño, 50.000 euros, aínda que tamén se recolleron donacións de veciños e empresas, que sumaron 467.344 euros.