O colapso de tráfico vivido en Ourense nas últimas horas volveu a poñer en evidencia a absoluta falta de planificación do goberno municipal
Esiximos ao Concello que actúe de inmediato e poña fin a este deixamento que converte a nosa cidade nun caos cada vez que hai un evento
Ourense, 28 de febreiro de 2025. O colapso de tráfico vivido en Ourense nas últimas horas volveu a poñer en evidencia a absoluta falta de planificación do goberno municipal. Atascos interminables, semáforos descoordinados e nin axentes de tráfico para organizar a circulación. Unha cidade atrapada na súa propia desorganización.
Desde o PSOE de Ourense esiximos ao goberno municipal que deixe de improvisar e se tome en serio a mobilidade urbana. Mentres en cidades como Lugo, Pontevedra ou Santiago existen plans específicos de tráfico para eventos, con desvíos ben sinalizados, axentes nos puntos clave e comunicación previa á cidadanía, en Ourense se opta polo “a ver que pasa”. E o que pasa é que a cidade colapsa.
É inaceptable que os condutores se vexan atrapados en rúas sen saída e que os peóns teñan que cruzar vías sen ningún tipo de control. A ausencia de efectivos da Policía Local en momentos críticos é un risco para a seguridade de todos.
Ourense necesita un plan de mobilidade serio e efectivo, con rutas alternativas ben definidas, regulación de semáforos adaptada e presenza policial suficiente para garantir unha circulación fluída e segura. Esiximos ao Concello que actúe de inmediato e poña fin a este deixamento que converte a nosa cidade nun caos cada vez que hai un evento.