- O acto central terá lugar o venres 7 de marzo, ás 12 horas, e inclúe tamén a actuación da Coral de Ruada
Ourense, 3 de marzo de 2025.- A Subdelegación do Goberno en Ourense xa ten despregado na súa fachada o cartel informativo que anuncia a celebración, o vindeiro venres 7 de marzo, a partir das 12 horas, ás portas da mesma, do acto conmemorativo do Día Internacional da Muller (8 de marzo), que está aberto á participación de toda a cidadanía.
Esta iniciativa dará comezo coa lectura dun manifesto, seguida de testemuños sobre hábitos e experiencias que condicionan a saúde mental das mulleres. O acorde musical do acto correrá a cargo da Coral de Ruada.