Cine Club proxecta a película “Queer” no Auditorio do Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Cine Club Carballiño proxecta mañá, venres 7 de marzo, a película “Queer”, a última do realizador Luca Guadagnino, e que está protagonizada por Daniel Craig, actor moi coñecido polo seu papel de OO7 en varias das entregas desta saga de axentes secretos. Neste caso, o seu papel é ben distinto. O argumento parte no ano 1950, cando William Lee, un expatriado estadounidense de 50 anos en Cidade de México, pasa os días case só, salvo algúns esporádicos contactos con outros membros da pequena comunidade estadounidense.

O seu encontro con Eugene Allerton, un estudante recén chegado á cidade, que lle amosa por primeira vez que finalmente podería ser posible establecer unha conexión íntima con alguén. Daniel Craig borda o seu personaxe e así foi recoñecido internacionalmente. Gañador do premio ao mellor actor do ano  segundo a Asociación de Criticos Norteamericanos, obtivo ademais numerosas nominacións polo seu traballo (Globos de Ouro, Premios do cine europeo, Satellite Awards…). O filme estivo ademais nominado como mellor película no Festival de Venecia.

Os pases para o visionado do filme serán, coma sempre, no Auditorio Manuel María do Carballiño, ás 20,00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22,30 en VOS.