A Corporación Municipal do Carballiño deu hoxe o visto bó a unha actualización dos prezos públicos pola utilización dos servizos da rede de abastecmento de auga, saneamento e depuración, que suporá unha suba aproximada do 35% nas tarifas agora vixentes e que será aplicada unha vez o acordo pase a ser definitivo. Según explicou o alcalde, Francisco Fumega, a cuota de enganche á rede pasa a ser de 4,73€, mentres as taxas serán de 0,20€, 0,30€ e 0,69€ por metro cúbico, respectivamente, para os tramos de ata 10, de 10 a 20 e de 20 a 50 metros cúbicos consumidos.
Na mesma sesión plenaria, tamén foi modificada a ordenanza de prezos por matrícula no Conservatorio e na Escola de Música municipais, na que, por recomendación da Valedora do Pobo, se eliminan as bonificacións por empadronamento. A concelleira de Educación, Lorena Castro, apuntou que os gastos de mantemento deste centro de ensino musical superan os 333.000 euros anuais, o que supón un custe de 1.600 euros por alumno mentres o ingreso medio por cada matrícula é de tan só 400 euros.
O equipo de goberno do Concello, integrado por PSOE e PP, desestimou cos seus votos maioritarios as alegacións presentadas por Espazo Común e BNG ás bases que rixen o proceso de contratación do servizo do ciclo integral da auga, que agora continuará o proceso tra-la renuncia dun funcionario da Deputación Provincial a estar presente na comisión de selección das empresas. Asemade, a Corporación do Carballiño mostrouse unánime na recalificación dos terreos municipais da Uceira para a construcción do futuro complexo deportivo, que pasarán de ser solo verde a dotacional deportivo, e tamén na adopción de medidas para a legalización das traídas de augas veciñais dalguns núcleos do rural, que propuxera Espazo Común.
Unha declaración sobre a celebración do ‘Ano de Castelao’ proposta polo BNG foi aprobada coa apoio de Espazo Común, o voto en contra dos populares e a abstención dos socialistas. Finalmente, PSOE e PP rexeitaron unha moción da formación política liderada por Manuel Vázquez solicitando máis transparencia e axilidade no proceso de contratación dunha nova empresa para adxudicar o Servizo de Axuda no Fogar.