A experta internacional en viños, Beth Willard, visitou a Denominación de Orixe Ribeiro en novembro do ano pasado en calidade de representante do Master of Wine Tim Atkin, a fin de preparar un informe detallado, publicado recentemente, coas puntuacións dos viños de Galicia no marco dos ‘Special Reports’, publicacions periódicas que emiten sobre as diferentes denominacións de orixe.
Un total de 39 referencias pertencentes á D.O. Ribeiro, das cales 31 corresponden a viños brancos, sete a tintos e un tostado, posiciónanse na selección dos 100 mellores viños de Galicia para a recoñecida catadora. Asemade, no podio otorga á D.O. Ribeiro os galardons nas seguintes categorías:
Un total de 39 referencias pertenecientes a la Denominación de Origen Ribeiro, 31 vinos blancos, siete tintos y un tostado, se posicionan en la selección de los 100 mejores vinos de Galicia para la reconocida catadora. Además, en el podio otorga a la D.O. Ribeiro los galardones en las siguientes categorías:
- Adegueiro do ano: Xosé Lois Sebio, D.O. Ribeiro.
- Viticultora do ano: Xulia Bande, D.O. Ribeiro.
- Cooperativa do ano: Viña Costeira, D.O. Ribeiro
- Viños brancos do ano (2/3): Son de Arrieiro Añadas Selección S/C, de Xulia Bande e As Viñas 2022, de Xosé Lois Sebio.
- Viño branco mellr relación calidade-prezo do ano: Finca Teira 2023, de Adega Manuel Formigo, D.O. Ribeiro.
- Viño branco revelación do ano: Tino 2023 de Adega Manuel Formigo, D.O. Ribeiro.
- Viño tinto revelación do ano: Big Bang Caiño Longo 2023, de Pablo Vidal, D.O. Ribeiro.
- Viño doce revelación do ano: Celme Tostado 2019, de Adegas Celme, D.O. Ribeiro.
Durante o seu perorrido pola Denominación de Orixe Ribeiro, Beth Willard coñece de primeira man 24 adegas e proxectos vitivinícolas, probando viños brancos e tintos de elaboracions especiais, tales como barrica ou lías; monovarietaris de treixadura, godello, torrontés, albariño, caíño longo ous sousón, entre outros, ou coupages resultaod de mesturas de variedas de uva autóctona e de diferentes colleitas (dende 2012 ata 2023), apreciando, deste xeito, a evolución no tempo dos viños, que son destacados no informe.
Beth Willard, ademais de colaborar con Tim Atkin MW, leva ligada a España dende hai máis de 15 anos, primeiro como compradora especializada e, na actualidade, como xornalista e crítica de viños. Asemade, é copresidenta do concurso de viños do Reino Unido ‘Decanter World Wine Awards’; escitora na revista Decanter e, regularmente, tamén realiza presentacions e catas de viños españois.