A veciñanza da Praza da Barronca reivindica a súa aposta pola decoración dos barrios no Entroido

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Praza da Barronca luce unha colorida decoración con motivos do Entroido, que foi elaborada pola veciñanza deste barrio do casco urbano do Carballiño, delimitado polas rúas Caridade e Faustino Santalices e na parte traseira da Casa do Concello. Unha iniciativa liderada por Conchi Soto, unha das veciñas, que nesta ocasión apostaron por escenificar nese espazo un desfile de modelos, onde non faltan elementos tales coma bolboretas de fantasía, abanos e plumas de pavo real.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Conchi Soto coméntanos que xa levan cinco anos promovendo a ambientación do barrio durante as datas do Entroido, de xeito semellante que o fan nas épocas da celebración do Samaín ou Halloween e tamén nas festividades de Nadal, Fin de Ano e Reis Magos. Tan só utilizando materiais reciclados e outros que aporta a propia veciñanza da contorna para contrubuír a manter animado este espazo urbano.

Unha animación que, en opinión dos seus promotores, debería extenderse a outros barrios da vila do Arenteiro, ao traverso dun concurso de decorados que podería ser convocado polo Concello do Carballiño, seguendo ideas semellantes á posta en práctica noutros municipios, coma é o caso da Arnoia, na comarca do Ribeiro.