A “Festa da Cachucha” reivindícase como referencia gastronómica do Entroido en Galicia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Carballiño viveu onte un ano máis –e xa son 30- unha xornada na que se mestura a troula de disfraces e música do Entroido coa gastronomía autóctona destas datas do inverno: a ‘Festa da Cachucha’. Malia a feble choiva que se rexistrou ao longo da mañá e que deu paso a unha tarde solleira, a programación elaborada polas áreas municipais de Turismo e Cultura pudo desenvolverse como estaba prevista, agás un pequeno retraso na saída do desfile matinal, no que participaron os folions chegados de Tameirón, Petín e Chandrexa e as sempre sorprendentes carrozas de Parada de Amoeiro, mentres as charangas Os Liborianos, Dr. Anchoa, CLK, Castro Bello e Feitizo de Pau distribuíronse por todo o casco urbano animando rúas e prazas.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

E chegada a hora do xantar, era prácticamente imposible atopar un oco nalgún dos 19 restaurantes consignados para servir o ‘menú da cachucha’, un tradicional cocido con carne de cacheira de porco e de tenreira, acompañado por chourizos, garavanzos, repolo e patacas cocidas, pan, viño do Ribeiro, postre de orellas, café e licores. A organización estima en 3.000 os comensais que degustaron onte este prato, convertendo así a ‘Festa da Cachucha’ nun referente gastronómico do Entroido na nosa comunidade autónoma, xa que, según os hostaleiros, os visitantes que se achegaron ao Carballiño procedían de diferentes puntos da xeografía galega. Por elo, dende o Concello estase a tramitar ante a Xunta unha solicitude para a declaración de ‘Festa de interese turístico galego’ para este festexo, que tódolos anos se celebra coincidindo co ‘domingo de piñata’.

O programa elaborado polas Concellerías de Turismo e Cultura para esta ‘XXX Festa da Cachucha’ tivo a súa continuidade pola tarde, coa saída do ‘Gran desfile da Cachucha’, amenizado polas charangas e coa participación das comparsas de Parada de Amoeiro e Cea; Os da Caña (Marín), Os Solfamidas (Campo Lameiro) e As Sonecas (Campelo). Tamén desfilaron as cinco primeiras agrupacions seleccionadas no concurso do martes de Entroido: Os Parrandas do Irixo, Os Arreiriños de Dacón, Entroula e Lumareda (O Carballiño) e Os Azucarados de Maside. A xornada rematou cun animado baile na Praza Maior, amenizado pola orquestra Gran Parada, poñendo deste xeito o punto final ás celebracions do Entroido.