
A parella integrada por José Manuel Mosquera e José Manuel Ferreiro, pilotando un Mini Cooper, facíase co primeiro posto no ‘XV Rali do Lacón Históricos’, celebrado o pasado sábado por estradas de sete municipios das comarcas do Carballiño e O Ribeiro. O equipo gañador impoñíase na clasificación aos seus compañeiros da escudería Arenteiro Clásicos, Adrián e Daniel Covela (Opel Ascona), segundos, mentres Marcos Fernández e Adolfo González (Peugeot) completaban o podio.
A pesares das condicions meteorolóxicas adversas, con frío e choiva, a proba reuniu a un total de 60 participantes das catro provincias galegas e outros dous equipos chegados de León e Málaga. Mosquera e Ferreiro repetían o triunfo logrado na 13ª edición do Rali (2023) competindo con outros 24 equipos da escudería do Carballiño.
Dende a organización destácase o bó ambiente e a boa disposición de pilotos e copilotos para tomar parte e divertirse neste competición de regularidade que xa é un referente nas probas de regularidade para os equipos de toda Galicia e incluso de fóra da nosa comunidade. A entrega de premios desta 15ª edición levouse a cabo na noite do sábado no restaurante Fuchela, coa presenza do alcalde do Carballiño, Francisco Fumega.
A próxima cita dos automobilistas da escudería local de vehículos históricos e a ‘Clásica Alfaro’, onde confían en conseguir uns bós resultados.