Detido un veciño de Ourense por roubar xoias e diñeiro nunha vivenda de Brués

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A Garda Civil do Carballiño detivo a un veciño de Ourense, de 34 anos de idade, como presunto autor de catro delitos de roubo con forza nas cousas no interior de vivenda. Os feitos sucederon entre os meses de febreiro e marzo deste ano na localidade de Brués, no municipio de Boborás, onde o detido, tras forzar portas e fiestras accedeu ao interior dun inmoble para apoderarse de xoias e diñeiro en metálico por un valor total de 3.000 euros. A esta persoa incautóselle un aparato de detección de obxectos metálicos. As dilixencias están asignadas ao Xulgado de Instrucción do Carballiño.